Concerto en Ravenna-Italia 21-7-2011

Música Rabeosa en Ravenna Italia

O pasado 21 de xullo viaxamos ata Ravenna-Italia o trío da “Música Rabeosa” formado por Félix e Cástor Castro e Patricia López, para  ofrecer xunto ao Mausoleo de Dante un concerto de música tradicional galega representando ao concello de Ourense dentro do programa europeo “Oralidades” para difusión do patrimonio cultural.

Ca nosa instrumentación habitual de gaita galega, frauta de madeira, acordeón diatónico, trompa, voz e percusións, interpretamos unha ben peneirada selección de muiñeiras, valses, mazurcas,  xotas e alalás, recollidas dos grandes músicos ourensáns como Faustino Santalices, Paco de Escornabois ou Juan Ferreiro de Laroá.

O concerto, ao que asistiron máis de trescentas persoas ,tivo un grande éxito de público e crítica.

Temos que agradecer a calor do público, entregado dende o primeiro tema e a Matteo Parrinello, o noso guía, a súa atención durante os días que estivemos en Ravenna, unha cidade moi recomendable. Tamén moitos agradecementos á nosa prima Tes, que nos traduxo todas as letras das cantigas e presentacións ao italiano, para poder ilustrar as interpretacións musicais.

Para contactar con nós, podédenos escribir a musicarabeosa@gmail.com

En breve subiremos algún audio de ambiente do concerto.

___

On 21th-July “Música Rabeosa” (Cástor and Félix Castro, and Patricia López) travelled to Ravenna-Italy, to offer a concert in the european program “Oralitties” in Piaza Francesco, near Dante´s Mausoleum. We played traditional galician music, on bagpipes, accordion, flute, trompa, voice, drums and tambourine.

Thank you very much to all the public and Matteo Parrinello, our guide in Ravenna, for the help, and attention.

We hope soon to have some cuts of the concert in mp3 available in the web.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s