Viaxamos a Birgu, Malta

Mañá xoves emprendemos nova viaxe a Birgu, Malta, a participar dentro do proxecto europeo Oralidades na Birgufest, representando a Ourense. Actuaremos o sábado día 8 na St. John´s Tower St. ás 20 hs.

Fai seis anos algún de nós xa puidemos viaxar e disfrutar desta fermosa illa, dunha personalidade moi especial, como cruce de culturas, con impresionantes vestixios megalíticos e unha longa e convulsa historia.  Sorprende a propia lingua maltesa, a única lingua de orixe árabe que se escrebe con alfabeto latino, e por outra banda conserva unha tradición fondamente cristiá, ca pegada da Orde de Malta por todos os lados.

Actuaremos neste Festival, cheo de actividades con actuacións de música tradicional maltesa, xogos populares, gastronomía… Xa vos faremos unha pequena crónica á volta.

Pola nosa parte, ofreceremos unha ben dosificada mostra da música dos nosos referentes, con temas de Paco de Escornabois, de Juan Ferreiro de Laroá, Faustino Santalices e Modesto Sánchez.

Birgufest

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s