Inicio da sección “Tras as pegadas de Romasanta”

 

Moitos anos levamos adicados nas nosas investigacións a temas un tanto afastados da música tradicional, que é polo que quizáis somos máis coñecidos. Destas inquedanzas teñen xurdido  artigos de bibliofilia sobre editores de esoterismo españois, os libros do demo, as distintas versións do Ciprianillo, o imaxinario máxico galego, ou Libro Infernal de Colin de Plancy.

Hai uns anos Félix publicou o primeiro artigo sobre o tema Romasanta, Un prego de cordel descoñecido sobre o caso de manuel Blanco Romasanta: o “home do unto” e unha escolma bibliográfica sobre o mesmo, publicado orixinalmente en Lethes. Cadernos Culturais da Limia, Inverno 2007-2008. e editado por Edita: Centro de Cultura Popular da Limia (ISBN. 978-84-931816-9-7) e incorporado tamén á edición dixital da revista Galicia Encantada www.galiciaencantada.com

Podedes descargar o pdf do artigo no seguinte enlace

artigo Lethes Romasanta

O centro do artigo é un prego de cordel que achamos na colección de Díaz Maroto, en Valencia, impreso en Madrid en 1852 sobre Manuel Blanco, descoñecido ata aquel momento. Ao redor del, fixemos un detallado repaso sobre as publicacións existentes ao redor da persoa e o mito do Home Lobo de Allariz.

Próximamente relataremos máis polo miúdo a máis recente aportación ao estudo sobre Romasanta nas I Xornadas que tiveron lugar en Allariz organizadas pola Fundación Vicente Risco do 29 ao 31 de Outubro.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Tras as pegadas de Romasanta. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s