Faustino Santalices e a marcha das Chirimías da catedral de Santiago

 

Dentro das actividades 2010-2011 que tiveron lugar con ocasión do 50 aniversario do pasamento de Faustino Santalices (6-12-1960), tivo unha especial significación a interpretación que consideramos histórica do canto das chirimías o domingo 5 de decembro de 2010 na misa do Peregrino da catedral de Santiago.


No estudo que estabamos a facer nos materiais inéditos do Arquivo Faustino Santalices Muñiz, atopamos que este era un vello desexo que nin Faustino Santalices pai nin fillo viron cumprir.

Así o expresara na conferencia e concerto que Faustino Santalices deu na inauguración do Palacio de Xelmírez o 28-7-1952 que se comprometía a crear en Santiago unha escola, formar zanfonistas e que “en un día no lejano, si Dios nos deja vivir, organizar una procesión de mitrados con zanfonas armonizadas, chirimías y fagot al compás del botafumeiro”. Pódese ler nas súas notas para aquela presentación, que reproducimos a continuación (fotos: Mark Ritchie).



 Daquela conferencia xurdiu a concienciación dos intelectuais galegos de promover a creación da Escolanía da Gaita e da Zanfona, que derivou no Taller-Escola da Deputación de Lugo. A súa proposta tivo ademais eco nos xornais da época, como se pode ver en La Noche de Santiago, de 28-7-1952 (foto: Mark Ritchie)


Deste modo, na misa do Peregrino do domingo 5, interpretouse o canto das chirimías polo Coro De Ruada, acompañado de Luciano Pérez e Nuria Serrano, organistrum; Manuel Brañas e Félix Castro, chirimías; Pancho Álvarez e Jesús Pérez Saburido, zanfoñas; Victoria Folgado, fagot; e Cástor Castro, frauta de madeira, seguindo o arranxo que o Coro xa ofrecera nas gravacións históricas do ano 29 baixo a dirección de Daniel González.

 Este desexo dalgunha maneira víuse realizado (iso sí, sen procesión de mitrados), en recordo e honra de Faustino Santalices e Faustino Santalices fillo, como perpetuador do seu legado.




 

2 opinións sobre “Faustino Santalices e a marcha das Chirimías da catedral de Santiago

  1. Miguel Losada

    Certamente que foi unha cálida interpretación dunha peza moi evocadora. Vese na carta,que niñaba na mente de Santalices a intención de colaborar na tarefa de proporcionar a Galicia unha épica axeitada como cerne dun desenvolvemento proporcional á magnitude do “folklor” , probablemente entendido como epifenómeno do grande edificio da cultura galega.

    Certamente, mesmo sen a desexable procesión de mitrados, esta representación foi un paso cara adiante nese sentido. Parabéns.

    Resposta
    1. musicarabeosa Autor/a do artigo

      Moitas gracias polos teus comentarios Miguel.
      A verdade é que coincidira todo moi ben para poder darlle esa homenaxe e fíxonos moita ilusión.

      Apertas grandes,
      Cástor

      Resposta

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s