Romasanta como Home do Unto, memoria escrita, memoria oral.

Publicamos hoxe a versión escrita da comunicación que lin en Allariz nas pasadas II Xornadas sobre MBR o 1-11-2012.

O texto reflexiona no feito de que, malia que a autoinculpación de MBR como Hombre lobo ou Lobishome é o que prendeu lume nos medios impresos da época, e dende aquela a posible licantropía é o que principalmente ten movido os fíos dos divulgadores sobre o caso, para a memoria oral que se conserva a día de hoxe na zona MBR  foi un criminal adicado ao comercio de graxa humana. Tal consideración e rumores foi o que realmente promoveu a súa busca e captura polos crimes, e aparece reflectida na Causa dende diversas fontes. As propias testemuñas do caso, cando eran preguntadas sobre o alegato de licantropía de MBR, rexeitábano dicindo que era unha estratexia para se librar da cadea.

A hipótese ou posibilidade (sequera eventual) deste comercio fora do socialmente aceptable dende logo non ten sido estudiada ou valorada convenientemente, e cando hoxendía un tenta afondar nela ou discutila sequera dende o punto de vista lóxico, recibe xeralmente un sorriso de condescendencia.

Anímovos a ler o texto e comentalo. En próximas entradas seguirei desenvolvendo o tema, citando traballos antropolóxicos que descoñecía sobre sacauntos e figuras afíns, e a concepción e uso do corpo humán como medicamento.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Tras as pegadas de Romasanta. Ligazón permanente.

One Response to Romasanta como Home do Unto, memoria escrita, memoria oral.

  1. Pingback: MBR “Evidencias médico antropolóxicas sobre a orixe do Pishtaco” da Dra. Rosario de Pribyl (o sacaúntos peruano) | Cástor e Félix Castro. Arquivo Castro Vicente. Música Rabeosa

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s