Pancho Alvarez no Congreso Faustino Santalices 2011

 

Un dos momentos máis especiais que tivemos no Congreso Faustino Santalices. Ciencia da Gaita, Consciencia da Zanfona, que se desenvolveu no Museo Municipal de Ourense o 11 e 12 de marzo de 2011, foron as interpretacións musicais na ponencia de Pancho Alvarez, “Faustino Santalices e os cantares de cego”.

Nela Pancho analizaba o estilo vocal de Faustino Santalices, e a súa técnica de interpretación á zanfoña, comparándoo co estilo dos xenuinos músicos cegos, e en concreto con Florencio, o cego dos Vilares, no que Pancho é especialista.

Para ilustrar a charla, interpretou o famoso Romance de Don Gaiferos de Mormaltán, de Faustino Santalices, primeiro co instrumento que FS o gravou, na zanfoña, e despois con violín, xa con ornamentación de xiros máis propios de Florencio.

E á inversa, tamén amosou o parrafeo A filla de Bartolo, unha das pezas máis coñecidas e representativas do repertorio de Florencio, primeiro con violín e despois con zanfoña.

Musicalmente foi un experimento realmente sorprendente. Aos que levamos décadas escoitando as gravacións orixinais de Santalices ou Florencio, cada un cos seus instrumentos e estilos propios, este xogo de permutacións supón un zorreghazo ás neuronas, un shock que abre o ouvido, a mente, e a pon a andar, e dende logo que foi o que máis me sorprendeu da intervención, xa que non podía nin imaxinar que Pancho fose poñer en práctica  semellante exercicio de versatilidade musical.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Faustino Santalices, Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s