MBR. Á busca dos lugares dos crimes

Dende o inicio do estudo da Causa xudicial sobre MBR decatámonos que ata o presente non se tiñan feito búsquedas e documentación rigurosa sobre os lugares dos crimes de Romasanta.

Durante as pescudas xudiciais que no ano 1852 e 1853 realizaron os Xulgados de Allariz, Verín e Trives, cobrou unha especial importancia a determinación dos emplazamentos onde se produciran dos asasinatos, non só pola busca de restos humanos das vítimas, senón tamén porque na Serra de San Mamede confluían os tres partidos xudiciais, e a correcta fixación dos puntos implicaría a competencia dun ou outro Xulgado para instruír e fallar a causa.

Xa que logo, mergullarémonos en vindeiros días nas descricións que Romasanta fixo dos lugares dos crimes, nos relatos de que dispoñemos dos recoñecementos xudiciais na serra, lugares e distancias recorridas, todo isto para tentar no presente ubicar mellor os referidos paraxes. Permanecede atentos e viaxade con nós nesta aventura.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Tras as pegadas de Romasanta. Ligazón permanente.

One Response to MBR. Á busca dos lugares dos crimes

  1. Estou a traballar nunha nova entrada sobre os recoñecementos xudiciais que se levaron a cabo, distancias percorridas, etc. pero as dificultades en artellar un mapa o suficintemente amplo da zona, retrasaráo un pouco.
    Apertas,

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s