Santalices, o Nostradamus galego

Se por sorte tedes cartos

Meteinos en huchas vós,

Porque gardalos nos Bancos

E gardalos pros ladrós.

Esta copla ben podía formar parte das Centurias de Nostradamus (Michel de Notre-dame, 1555) vaticinando a debacle do sistema financieiro europeo e en particular do español, mais foron cantadas por Santalices no 20 de maio de 1933, día sinalado do que hoxe cúmplese exactamente o ochenta aniversario.

Con elas agasallou Faustino Santalices aos altos cargos e forzas vivas da cidade que se congregaron o 20 de maio de 1933 para a inauguración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense. Como bon xograr, Santalices sempre armaba as súas inxeniosas coplas cun tantiño de agradecemento e loubanza, e outro chisco de crítica e retranca galega.

Contrasta a euforia e satisfacción daqueles momentos iniciais e que reflexan os xornais, ca deriva que estas entidades teñen amosado e o desánimo e desconfianza contra a clase financieira que rexen os tempos actuais.

Presentámosvos a cantiga completa e varias fotografías do evento.



Un momento do banquete-convite na Alameda do depósito de augas do Loña, en honor ao Director Xeral de Traballo, delegados da Asamblea Nacional de Caixas de Aforros, e persoalidades que os acompañaban. Na imaxe recoñécense según información do blog Ourensenotempo, ademais de Faustino Santalices (no centro con gafas escuras), Luis Fábrega Coello (á súa dereita), Justo Méndez Aguirre, Eleuterio González Salgado (Leuter), Constantino Añel, Manuel Suárez Castro, Sr. Vidán, Luis Xesta e Basilio Alvarez.

Nas seguintes dúas fotografías aparece Santalices rodeado polo coro Os Enxebres de Ourense, que amenizou os actos. Foron tomadas por Pacheco e publicadas en diversos medios de prensa da época. Arquivo Faustino Santalices Muñiz, dixitalización por Mark Ritchie.

Para saber máis sobre a caixa de aforros de Ourense e a súa fundación:

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2011/02/caixas-de-aforros.html

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2010/05/caixanova-o-caja-de-ahorros-provincial.html

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Faustino Santalices, Música tradicional, Rarezas. Ligazón permanente.

One Response to Santalices, o Nostradamus galego

  1. Abraiante coma sempre! E é que don Faustino, como Gardel, dada día que pasa ” canta” millor.
    Parabéns polo artigo!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s