Día 5, Os Maios en Ourense

Os Maios en Ourense, 1944, veciños de Rabo de Galo. Fonte: http://ourensenotempo.blogspot.com

O pasado día 5 de Maio celebráronse os Maios en Ourense, festa de longa tradición e fondas raigames pagás para a exaltación da primavera e a fertilidade. Foi un rotundo éxito de público e participación con máis de vinte Maios (esculturas vexetais), e este ano o tempo acompañou. Dá que pensar o ben que se conservan no noso ambente urbán ou vilego de Ourense cidade todas as festas tradicionais vinculadas ao Cicro do ano, en especial, o Magosto, o Antroido e esta dos Maios.

O Colectivo ESCUA, Espazo Cultural Alternativo, creouse en 2011 e agrupa asociacións culturais ourensás na reinvidicación de espazos axeitados e públicos para promover actividades. O ano 2012 participamos como colectivo cun Maio Cubista (rompendo ca tradición dos Maios piramidais), e iste ano decidimos que as asociacións de ESCUA presentasen os seus propios Maios, cousa que fixeron o Cineclube Padre Feijoo, A Bela Auria, Oscar Allos, e Marcha Mundial das Mulleres.

Presentámosvos os pregos, fotografías (de Xesús Alvarez e Anxo Saborido) e vídeos ca interpretación das coplas de A Bela Auria e o Cineclube Padre Feijoo, aos que se lles arrimou o cego de Portovello estreando zanfoña. Nesta edición o premio ás mellores coplas foi para A Bela Auria.


Cantando pola tarde as coplas premiadas de A Bela Auria, baixo a atenta mirada do Padre Feijoo. Fotografía:Anxo Saborido

Inxeniosas coplas do Cine Clube Padre Feijoo, integrando títulos de filmes en cadansúa cuarteta

Reseña da festa que fixo Tempo de Lecer Ourense
www.tempodelecerourense.com

(Nela podedes ver o Maio da Marcha Mundial das Mulleres a partires do minuto 2:15)

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s