Felix Castor, exorcista freelance

Hai curiosidades, coincidencias, sincronicidades, casualidades? ou como se lle prefira chamar, que a veces exceden do previsible.

Cas nosas aficións ao ocultismo, exorcismos, e libros endemoniados, ao tempo que devoradores de cómics, aló a inicios dos 90 enganchámonos con toda unha serie de novos cómics para adultos, que combinaban o terror, xénero fantástico e a novela negra, iniciados polo selo Vértigo de DC Cómics, Sandman, Hellblazer, Os Libros da Maxia, Lucifer…. No ano 1993 iniciábase a publicación de “Hellblazer” centrado na historia do mago moderno John Constantine, da que somos felices posuidores de todos os númaros editados. http://es.wikipedia.org/wiki/Hellblazer

Sorprendía cómo entretecían un submundo de potencias infernais, diabos e servos, cas vidas cotiás da xente, e dende os primeiros números atopabas clubs londinenses onde se reunían os demos brokers de almas humanas, e todo tipo de inquedantes interrelacións baixo ese feble veo que o común dos mortais entenden por “realidade”. As súas aventuras teñen sido levadas ao cine en “Constantine“, protagonizada por Keanu Reeves (2005).

En 2006 nas nosas buscas habituais en internet achamos unha sorprendente casualidade, a existencia dunha novela protagonizada por Felix Castor, coñecido como “Fix” polos seus amigos; exorcista freelance que traballa en Londres, loitando contra as pantasmas e demos do actual século.

Tan abraiante como o achádego foi atoparnos con que o seu autor era nada menos que Mike Carey, escritor inglés, guionista das series de cómic multipremiadas Lucifer, Hellblazer, X-Men, Crossing Midnight, The Unwritten… Como vos decimos, un dos autores dos nosos cómics de referencia. Felix Castor é un antihéroe, con moitas coincidencias ca persoaxe de John Constantine-Hellblazer, por algo Mike Carey foi o segundo guionista que traballou durante máis tempo para esa serie.

Polo de agora Mike Carey ten publicado cinco novelas sobre Felix Castor no mercado UK e USA, (2006 a 2009), “The devil you know”, “Vicious Circle”, “Dead Men´s boots”, “Thicker Than Water” e “The Naming of the Beasts”.

052213_2152_FelixCastor5.jpg

Mike Carey nunha presentación de “The Devil you Know”

No mercado español téñense publicado “El Diablo que ya conoces” (Dolmen, 2009), portada ca que abríamos esta entrada, e máis “Círculo Vicioso” (Timum mas, 2011).

“Felix Castor é un exorcista freelance e Londres é o seu territorio. Nunha época na que o mundo sobrenatural estáse axitando e desbordando sobre a realidade mundana dos vivos, as súas habelencias están moi solicitadas. Un bo exorcista pode cobrar o que queira –e desfrutar ao grande dese modo de vida- pero hai un risco: antes ou despois é probable que se enfronte a un espírito demasiado forte para el. Entón acábase o xogo.

Castor estivo “retirado” durante algo máis dun ano tras un encontro ao que apenas sobreviviu. Pero agora vellas deudas –en máis dun sentido- fánlle regresar á vida que rexeitara, e acepta o que aparentemente é un simple exorcismo. O problema é que, canto máis descubre acerca da pantasma do arquivo, menos lóxica ten todo e cada vez veráse máis arrastrado a un mundo que realmente non quere coñecer. O que debería ter sido un traballo perfectamente sinxelo convírtese rapidamente no “Show de Quén Mata Antes a Castor”, con demos, homes-besta e pantasmas facendo cola para reclamar o gran premio. Pero iso está ben; Felix Castor sabe como tratar cos muertos. Son os vivos os que lle foden…”

(Reseña de “O diabo que xa coñeces”)

Os nosos intentos de comprar do libro nos primeiros momentos, para poder lelo, foron infructuosos. Despois de realizar o encargo por internet e esperar semanas, chamabamos á tenda a ver qué pasaba e nos contestaban que non enviaran o libro pois pensaran que era unha broma, xa que como comprador figuraba Félix Castro.

As coincidencias ca persoaxe son diversas: É un especialista en exorcismos e libros demoníacos, válese de melodías folkies que interpreta nun tin whistle, para atar ás ánimas máxicamente.

Compartimos signo do zodíaco, Capricornio. Tanto na edición inglesa como na española, aparece en diversas páxinas do libro por errata o seu nome como “Felix Castro” e non “Felix Castor”… Reside en Londres, onde noso irmán Miguel ten piso e viviu tanto tempo.

Tiña todas as trazas de ser un alter ego noso, unha existencia noutra liña de tempo ou universo paralelo, así que non puidemos evitar contactar con Mike Carey a través da súa páxina www.mikecarey.net (hoxe inactiva), preguntándolle pola xénese da persoaxe e de onde se xurdiu ese nome.

Contestounos que supuña que ese nome estaba por aí flotando no éter, e que el simplemente colleuno.

Participaramos tamén pouco antes en 2005 no encontro de Exorcistas dentro do Congreso de Menciña Popular de Vilar de Perdices (Portugal), que organiza o coñecido Padre Fontes. Naquel encontro, no que Félix ía falar sobre o Libro de San Cipriano e o desencanto de tesouros, incluírono nunha acalorada mesa redonda con famosos exorcistas portugueses como o Padre Gama, o Mestre Alves, e outros sabios de turbante, no que só lles faltou entrar en trance e baterse con crucifixos na cachola.

Pero xa sabedes, como advertían os créditos iniciais do primeiro libro de Felix Castor:

“This book is a work of fiction. Names, Characters, places, and incidents are the product of the author´s imagination or are used fictitiously. Any resemblance to actual events, locales, or persons, living or dead, is coincidental.”

“Iste libro é un traballo de ficción. Nomes, persoaxes, lugares e sucesos son produto da imaxinación do seu autor ou empréganse ficticiamente. Calquer semellanza con eventos, luares, ou persoas actuais, vivas, ou mortal, é coincidencia.”

Iso sí, o seguinte héroe de Mike Carey coincidiu que ademais era practicante de Hapkido (arte marcial coreana), e novamente consultámoslle de onde lle viñera esta inspiración, pero isa é outra historia.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Libros do demo, Rarezas. Ligazón permanente.

One Response to Felix Castor, exorcista freelance

  1. Unha moi suculenta e mais que abraiante historia que move tanto á reflexión como a sana hilaridade. Semellan confirmarse de vez os datos recentes observados en sede de física cuántica ( fenómeno do entrelazamento de partículas e outros) e segundo os cales a información pode tamén fluir polo universo e fora da urde tridimensional que experimentamos intensamente a cotío e que adoitamos denominar “realidade”. A vosa crónica confirma que tamén afectan ó mundo macroscópico. 😉 e eu me pregunto en que maneira afectan a moitas das cousas que pescudamos nas nosas teimas.

    Grazas por compartir esta historia que me fai lembrar e pensar en que é eso que denominamos coñecemento.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s