Xa estamos para gaitas! 22 de Xuño en Ourense

CARTEL-GAITAS DE PALLA LUDARIA

Amigos todos! Como reza o cartaz, Xa estamos para gaitas! e AOFT-Gomes Mouro convidámosvos para vir a Ourense o día 22 de Xuño a participar no Día das Gaitas de Palla, nos talleres de construción e actividades ao redor delas.

Iste evento está incluido dentro da 7ª edición do encontro de Xogos tradicionais de Brinquedia-Rede galega do xogo tradicional, e será de tarde na Praza de San Martiño.

Como sabedes as gaitas de avea, alcacén ou centeo, foi o recurso co que moitos dos nosos maiores se iniciaron na música e chegaron a ser gaiteiros. Xoguete, enredo, ou instrumento musical, é un xeito bonito de aprenderen a facer un  punteiro sinxeliño no que dar os primeiros pasos na música. Da man de Fernando de Vicente e Juanjo Rodicio, que levan semanas traballando a reo para descubrir os segredos deste efímero artefacto, vémonos o 22 de Xuño en Ourense para disfrutar construíndo e tocando o noso propio instrumento musical.

Publicaráse máis informacións e vídeos en vindeiras datas, permanecede atentos

http://ludaria.eu/xa-estamos-para-gaitas/

Para quen queirades afondar no instrumento, variantes e referencias históricas, recomendámosvos coma sempre visitar a entrada Gaita de Alcacén o apartado correspondente do sitio web sobre os Instrumentos na tradición Galega, de Pablo Carpintero (con ilustracións de Moncho Marín), no Consello da Cultura Galega, onde tamén podedes visualizar unha muiñeira interpretada por Pablo ca palla de alcacén.

4_243_2b-pipa_de_alcacen_dupla-649x1024[1]

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Gomes Mouro, Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s