De circos, pirañas e pitóns

Hai varias semanas din en conversas co amigo Elixio Vieites sobre casos curiosos que acontecen nestes periodos estivais, e non sei por qué conexións lembreime do ocorrido co Piraña Show en Verín en Maio de 2005, día fatídico para as pirañas.

Durante a súa xira veraniega iste circo italiano, verdadeira selva viaxante, recalara na vila de Verín. Ben seguro recoñeceredes os seus chamativos carteis. Alí, tras unha fin de semana con actuacións e pirañas, cambearon a auga do tanque dos peixes carnívoros por auga da traída co desgraciado resultado de que morreron os máis de corenta exemplares.

A nova asaltoume nalgún desprazamento en coche onde escoitei pola radio as declaracións do desconsolado propietario do circo, preguntando con acento marcadamente estranxeiro: “¿Y cómo consigo yo ahora pirañas para mi espectáculo? Es mucho más fácil de conseguir una chica que se bañe con las pirañas!“. Parece ser que o celme da atracción consistía en que despois de botar un polo ao estanque (morto, supoño) e quedar só os ósos pasto do voraz apetito das pirañas, pasaba a continuación a bañarse unha señorita entre elas que saía sen sufrir dano algún, ante o estupor e o posterior estoupido en sonoros aplausos do público.

Como vedes na nova dixital daquela data, o contratempo solventouse cunha nova partida de alevíns, que ben seguro engordaron veloces e ávidas por igualar a fama mediática e fazañas das súas predecesoras -Está claro que as verdadeiras estrelas do espectáculo eran elas e non a bañista-.

Algún astrólogo que visite esta entrada no blog debería estudar as alineacións e movementos planetarios dos meses daquel verán de 2005, pois pouco despois, o luns 20 de xuño, unha serpe pitón de catro metros desaparecía do Circo Italiano, instalado durante as Festas do Corpus na Finca Sevilla en Ourense, nas inmediacións do río Barbaña.

Armouse todo un aparatoso dispositivo policial para rastrexar e desbrozar o río: Máis de sesenta persoas, entre garda civil, policía local e autonómica, brigadas forestais e municipais de xardíns, e mesmo os veciños da zona; contaban incluso co asesoramento do biólogo Pablo Rodríguez Oitabén sobre o comportamento e manías das pitóns para un eventual encontro co becho. Levaban cans adestrados e segundo os xornais, non deixaron hortas, casas nen poleiros sen revisar.

Pasaban os días e aumentaba a crispación na rúa: paseantes receosos amarrando en corto as súas mascotas, avoas chamando polos netos (eí ven a pitón)… As versións contraditorias que daban os responsables do circo sobre a falta do animal (“creemos que nos están tomando el pelo” informaban fontes da Comandancia da Garda Civil) acababan ca paciencia dos mandos…

Por fin o xoves 23, os xornais anuncian “Ourense pode durmir tranquila“. O día anterior, co circo xa trasladado a Ferrol, a señora da limpeza avisa de que a pitón aparecera no camerino das bailarinas, do mesmo camión onde se aloxan os reptís.

O Faro de Vigo informaba “Tras el vuelco que han tomado los hechos, el cuidador del animal, el gerente y el portavoz del circo quedaban en la noche de ayer en libertad con cargos tras prestar declaración por una posible simulación de delito de robo. La pitón, además, ha sido intervenida judicialmente, hasta que se esclarezcan los hechos” (Sempre pagan xustos por pecadores).

Qué misterios nos deparará este verán de 2013? Non deixedes de nos informar de calquer caso curioso que localicedes.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Rarezas. Ligazón permanente.

2 Responses to De circos, pirañas e pitóns

  1. Soco Rúa di:

    Ourense e a súa fauna!!!

  2. Pingback: A exótica fauna do río Barbaña | Cástor e Félix Castro. Arquivo Castro Vicente. Música Rabeosa

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s