XXVII Congresso de Medicina Popular de Vilar de Perdizes-Portugal

Mañá Sábado 7 de setembro ás 21 h Félix Castro presentará no Congresso de Medicina Popular de Vilar de Perdizes, ben coñecido e dirixido polo querido Padre Fontes, unha comunicación co título As Oracións de San Cipriano, unha mostra do patrimonio cultural universal.

cartaz vilar

Como ben sadedes os habituais seguidores do noso blog, San Cipriano de Antioquia, Santo Mártir do século III D.C., é o santo mago cristián por excelencia, oficiando tanto de patrono e protector dos practicantes das artes máxicas, como protector contra o mal de ollo e os feitizos. A comunicación ten como obxectivo mostrar a súa figura, a súa relación con prácticas máxicas religiosas en toda Europa, concentrándose na famosa “Oración de San Cipriano,” eficaz contra feitizos e mal de ollo, de que hai versións en moitos idiomas europeos, divulgada via oral e na literatura de cordel sobreviviu por séculos e hoxe continúa sendo transmitidas a través de outros canais, como internet. Veránse exemplos das versións existentes (Existen Oracións de San Cipriano en latín, grego, ruso, búlgaro, portugués, francés, español, catalán, italiano, etíopes, árabes, etc.)

Podedes ver o programa completo en

http://www.cm-montalegre.pt/showNT.php?Id=2181

Hoxe venres á tarde, a partir das 15 h o amigo Rafael Quintía, membro da SAGA Sociedade Antropolóxica Galega, dará unha conferencia sobre o uso do alicornio na medicina popular, que vos recomendamos.

oracion censurada

Oración de San Cipriano en castelán do s. XVII censurada pola Inquisición. Prohibidas dende 1599 ata 1844

oracion normal

Oración s. XIX, Reus

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Libros do demo. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s