De Grimorios e outras herbas (II): O ciclo do Grimoire du Pape Honorius

Continuamos cunha edición do Gran Grimorio do Papa Honorio, un grimorio bastante ben coñecido polos ocultistas. Tamén neste caso comezaremos cunha recente adquisición non publicada en España, senón en Francia, unha edición clásica do século XIX desta obra.


Detalle de frontispicio e portada da edición comentada

GRIMOIRE du Pape Honorius, avec un recueil des plus rares secrets. 11 Gravures de Pentacles

Lugar suposto de edición de Roma, 1760, en realidade por S. Blocquel, de Lille (Francia), primeira metade do século XIX.

Frontispicio + 11 planchas gravadas coloreadas, 106 páxinas + 18 páxinas (Additions des plus précieuses).

14 cms. (Octavo menor), Encadernación moderna en tapas duras, bastante artesanal.

Contido entre outros :

Constitution du Pape Honorius le Grand.

Les soixante-douze noms sacrés de Dieu.

L’Evangile de Saint Jean.

Conjuration universelle. Autre conjuration. Renvoi des esprits.

Conjuration du livre. Ce qu’il faut lire avant le signe du livre.

Conjuration des démons. Figure du cercle et de ce qui le concerne. Ce qu’il faut dire en composant les cercles. Renvoi des esprits.

Conjuration du roi de l’Orient. Conjuration du roi du Midi. Conjuration du roi d’Occident. Conjuration du roi du Septentrion.

Conjuration pour chaque jour de la semaine. Du lundi à Lucifer. Du mardi à Frimost. Du mercredi à Astaroth. Du jeudi à Silcharde. Du vendredi à Béchard. Du samedi à Guland. Du dimanche à Surgat.

Conjuration très-fort pour tous les jours et à toute heure, tant de jour que de nuit, pour les trésors cachés tant par les ames que par les esprits, pour les avoir ou les faire apporter.

Recueil des plus rares secrets de l’Art magique : la main de gloire, la conjuration au Soleil. Pour voir la nuit dans une vision, ce que vous désirez savoir du passé ou de l’avenire. Pour rompre et détruire tous maléfices. Le Grand exorcisme pour déposséder, soit la créature humaine ou les animaux irraisonnable. Pour lever tous sorts et faire venir la personne qui a causé le mal, etc…

O Gran Grimorio do Papa Honorio publicado por Simon Blocquel, impresor-editor de Lille do cambio do s. XVIII ao XIX do que xa falamos por enriba na anterior entrada. Este grimorio é un dos ciclos máis famosos dos grimorios modernos, xunto co do Grand Grimoire/Dragon Rouge, Enchiridion Leonis Papae, Grimorium Verum, Clavicula Salomonis e La Veritable Magie Noire, e o Petit e Grand Albert. De todas estas obras fixo unha edición o propio Simon Blocquel,

É o típico grimorio atribuído a un Papa para darlle autoridade á obra en cuestión, neste caso ao papa Honorio III, que non implica como é lóxico que realmente fora éste o seu autor. Outros papas aos que se lle teñen atribuido grimorios son o Papa León III, Silvestre II, ou comentáronme recentemente do Ciprianillo ao Papa portugués Joâo XXI.


Detalle das planchas 8, 9, 2 e 3 co selo de conxuración do demo Surgat, selos e alfabetos máxicos, etc.

Esta obra ten a particularidade de que gran parte do mesmo está dedicado a invocar e controlar a espíritos e demos, concretando o xeito de facer o círculo máxico, a súa composición, forma de despedir aos espíritos ; conxuración ao Rei do Norte, do Sul, do Leste e do Oeste, conxuración dos demos segundo os días da semana: Lucifer, Frimost, Astaroth, Silchard, Bechard, Guland e Surgat, coa peculiaridade de ter un pentáculo máxico específico para cada un deles.

Por darlle tanta importancia á maxia cerimonial, e detallar tanto os procedementos máxicos de invoación demoníaca é a razón de que sexa unha obra bastante buscada polos coleccionistas de grimorios, presentando esta edición un rasgo que a fai máis valiosa, a de ter os 11 gravados coloreados, como se pode apreciar nas imaxes.

Ten ademáis 18 páxinas adicionais cos máis segredos de saúde para curar enfermidades.

En castelán existen dúas edicións do mesmo, unha realizada a principios do s. XX polo editor barcelonés Rosendo Pons Morros, e outro da mesma época aproximadamente realizado polo Dr. Moorne e publicado posiblemente en Madrid, coa particularidade de que o Dr. Moorne publicou conxuntamente o Enchiridion Leonis Papae e o Grimorio do Papa Honorio, con algunhas adicións propias. Aínda que no sustancial son semellantes as edicións en castelán difiren nalgúns contidos coa edición de S. Blocquel comentada.

Textos e imaxes (C) Arquivo Castro Vicente. As fotografías corresponden ao propio arquivo. Para a súa difusión ou publicación en calquer formato físico ou dixital, solicitade por favor a autorización correspondente

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Libros do demo. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s