Entroido de Castro de Laza 2006. Proxecto Ronsel

`

Seguindo ca nosa teima de volver poñer accesible na rede gravacións nas que temos participado, publicamos de novo o vídeo sobre o Antroido en Castro de Laza, ano 2006, gravado para o Proxecto Ronsel http://ronsel.uvigo.es
Como sabedes, o Entroido de Castro de Laza foi un dos máis enxebres e emblemáticos da provincia de Ourense, no que o gaiteiro Paco de Escornabois gobernou a parte musical durante máis de cincoenta anos.
No vídeo podedes ver a cronoloxía completa, a vestimenta do peliqueiro, o baile, os momentos musicais, o paisaxe sonoro, a fariña, a farrapada, o xantar comunitario, e amosa moi ben o sentir e proceso dun entroido tradicional.

Dirección: Félix Castro
Gravación e edición: Alba Vázquez Carpentier.
Produce: Arquivo Castro Vicente; Edenia; Disufora de Artes, Letras e Ideas.
Para Proxecto Ronsel de recuperación e salvagarda do patrimonio Inmaterial Galego.

Temos que destacar a presencia no vídeo do recentemente falecido Francisco Añel Alonso, Paco o Xastre, feitor da meirande parte dos traxes de peliqueiro e cigarróns da comarca, e tamén  a Paco de Escornabois, gaiteiro, nun dos seus últimos entroidos.

Máis información sobre o Antroido en Castro de Laza e o gaiteiro Paco de Escornabois dende o punto de vista antropolóxico no artigo de Issuu

http://issuu.com/musicarabeosa/docs/artigo_paco_oralites_definitivo

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s