Reseña de la causa contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo

Con motivo do recente 150 aniversario do pasamento de Romasanta no correccional de Ceuta (que acaeceu o 16 de decembro de 1863), tiñamos pensado facer algunha publicación que fose de interese para afondar no coñecemento desta causa célebre.

E qué mellor xeito de facelo que poñer en liña (por tempo limitado) unha copia dixital ca que nós traballamos da propia Reseña de la Causa, publicada polo seu avogado defensor Rúa Figueroa en 1859 (224 páxinas), na imprenta da Viúva de Don Antonio Yepes de Madrid. Ven sendo un resumo moi detallado do procedemento xudicial e trae incorporados discursos e intervencións do fiscal La Bastida e do propio avogado, punto de partida de moitos dos estudosos do caso Romasanta.

Polo de agora conservábanse moi poucos exemplares do libro orixinal, e estaba accesible na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, ca sinatura 1.333.

A Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana, subiu á web unha copia dixital deste exemplar, con ficheiros de imaxe (jpg) páxina a páxina, o que o facía útil para a leitura en liña. Fai varios meses descargamos todos estes jpg, integrámolos nun só ficheiro pdf e lle aplicamos un recoñecemento de texto OCR (Abbyy Finereader) para poder facer procuras de texto dentro da propia reseña, e así buscar localidades, declaracións de testigos e outros detalles de interese. Este arquivo podédelo descargar pulsando na imaxe superior. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Se queredes mercalo en papel, o que é moi recomendable, hai varias reedicións dispoñibles, que podedes encargar nas vosas librerías de costume. A través de internet podedes adquirir a reedición preparada por Antonio Roma, membro da Fundación Vicente Risco de Allariz e estudoso do caso, que podedes encargar no portal de Bubok. Existe  outra da Editorial Civitas, que atoparedes en liña por exemplo en Casa del libro, Reseña de la causa, pero que parece ser que de momento está agotada.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Tras as pegadas de Romasanta. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s