De Grimorios e outras herbas (III): O ciclo do Grand Grimoire

    Portada anterior, frontispicio e portada do Grand Grimoire

Despois de moitos desvelos e seguindo na racha de adquisición dos grimorios clásicos publicados en Francia conseguimos unha edición do Grand Grimoire, con impresor, lugar e data de publicación suposta, Chez Claude, Nismes no ano 1823.

O título “Le Grand Grimoire avec la Grande Clavicule de Salomon, et la Magie Noire ou les Forces Infernales du Grand Agrippa, pour découvrir tous les Trésors cachés, et se faire obéir á tous les Esprits; suivie de tous les arts magiques. A Nismes. Chez Claude, Imprimeur – Lib. 1823”

Octavo menor, 120 páxinas. Encadernado en media pel. Nos catálogos bibliográficos da Bibliotheca Esoterica e Caillet relátase que realmente era unha edición do ano 1880 e apenas aparecen reflectidas a edición de Nismes e outra de Avignon do impresor Offray Ainé, aínda que teñen aparecido á venda recentemente outras anteriores, do século XVIII.


Detalle de triángulo máxico dos pactos e retrato do demo Lucifugo Rofocale, lugartenente de Satanás.

Os capítulos son os habituais desta obra polo que non nos extenderemos a facer a recensión, preludio firmado por Antonio Venitiana del Rabina, primeras invocacións, composición da verge foudroyante (variña fulminante nas versións en castelán), verdadera representación do círculo cabalístico, invocacións a Lucifer e ao seu lugartenente Lucifugo Rofocale, o Centum Regnum (en italiano), segundo libro referido ao Sanctum Regnum da Clavícula cos firmas e nomes dos demos cos que se pode pactar, pacto, oración para protexerse dos malos espíritos, tabla das horas agraciadas e desgraciadas, e doce secretos máxicos.


Detalle dos signos e caracteres das principais potencias infernais

Esta edición trae un apéndice ao final a partir da páxina 105 con notas e comentarios ao Gran Grimorio co nome do que seguramente fose o verdadeiro autor desta edición, o impresor de París Le Bailly, datándose a obra por tanto tamén no último terzo do s. XIX. Coa curiosidade de que nunha das notas fai un resumo da vida de San Cipriano e Santa Justina xa que San Cipriano é citado habitualmente no preludio do Gran Grimorio como autoridade na maxia.


O interese para nós deste grimorio radica en que, xunto co Dragon Rouge que con nome diferente é prácticamente o mesmo grimorio), ten servido de base para grande parte do material máxico do noso Libro de San Cipriano, sobre todo das edicións de Enediel Shaiah publicadas en Madrid entre 1905 e 1907, a versión de Jonás Sufurino debida en gran medida ao Dr. Moorne, e tamén doutro grimorio idéntico ao Grand Grimoire en versión española co suxestivo título “Los Secretos del Infierno” do que existe unha edición do século XIX rarísima, e outras publicadas a inicios do s. XX, a máis coñecida a do libreiro e editor Rosendo Pons de Barcelona, da que adxuntamos a imaxe da tapa da súa encadernación en rústica.


Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Libros do demo. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s