TREBOADA GALEGA, presentación OU Martes 4-II-14 20h

CARTAZ-ourense

Mañá teremos en Ourense a Xerardo F. Santomé, presentando o seu libro-dvd sobre a Treboada Galega. Insertamos eiquí a información sobre este formidable traballo.

TREBOADA GALEGA (Libro – DVD)
Autor: Xerardo F. Santomé
Edita: Asoc. Gaiteiros da Xistra
Idioma: Galego / Inglés
Contido: 120 páxinas + Carpeta con partituras e planos + DVD

Treboada Galega é unha edición que, a través de breves textos, de 205 imaxes e vídeos presenta dun xeito didáctico todos os segredos e a historia dunha manifestación folclórica propia do Baixo Miño galego e Alto Minho portugués: os bombos de grandes dimensións, que percorren as parroquias anunciando a festa ao son de gaitas e caixas, manteñen a mesma morfoloxía desde a súa orixe hai centos de anos, incluso antes da irrupción dos actuais “bombos de gaiteiro”.

A GAITA DE BARQUÍN, da que se adxuntan planos de construción, caracterizada por ser de insuflado mecánico e levar dous roncos que parten dunha mesma buxa ou “galleto”, esmoreceu ao longo do primeiro cuarto do século XX. Os indicios materiais atopados, constituidos por instrumentos completos ou partes deles xunto con imaxes dalgúns dos seus intérpretes, constitúen un fondo considerable de información que permiten análises obxectivas sobre este tipo de gaita e a súa zona de influencia. En relación ao primeiro tipo de achados, supoñen un total de oito referencias, que, ainda que apareceron en lugares diferentes, posúen en común que todas pertencen ao termo municipal de Tomiño.

O traballo preséntase en dúas partes diferenciadas: unha, de marcado matiz gráfico, onde cunha simple ollada o lector pode facerse coa idea e a definición do termo Treboada; así como da súa localización xeográfica, as diferenzas con outros tipos de manifestacións similares existentes noutros lugares, dos instrumentos que a compoñen, a súa evolución, os aspectos sociais, etc. A segunda, composta por pequenos textos que dan a coñecer aspectos máis profundos como o seu contexto histórico europeo, a gaita de barquín e os seus intérpretes, a función social e simboloxía das percusións,…
Colaboracións:
– Miguel Pérez Lorenzo (estudio musicolóxico).
– Oli Xiráldez (artesán responsable da reconstrución da gaita de barquín).
– Carlos do Viso (artesán encargado do estudio dos Bombos de treboada).
– Xaneco Tubío (artesán que reconstruiu o tambor ou Caixa de treboada).
– Manuel Puga (tradución ao inglés).
– Anxo Fdez. Davila (edición de vídeo).
Apoios:
– A Unión Europea a través do seu Programa Cultura.
– O Concello de Tomiño.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s