Ecclesia Perversa

Entre as últimas curiosidades incorporadas ao arquivo, amosamos hoxe esta curiosa medalla, de 11,670 g,, 35,5 mm, difícil de datar.

A moeda no seu Anverso representa un papa e reza: “ECCLESIA PERVERSA TENET FACIEM DIABOLI“, que significa “A igrexa perversa ten o rostro do demo

Polo reverso, amosa a figura dun cardenal e ten inscrito “STVLTI ALIQVANDO SAPIENTES 1410“:

Os sabios a veces son os imbéciles

Se vos fixades ben nas imaxes da medalla…

… e vírase 180º, atoparemos a verdadeira cara do Papa e do Cardenal:

Papa e diablo, segundo se mire

Cardenal e Tolo

Segundo algunhas fontes, son medallas anticatólicas, xurdidas como reacción ao Concilio de Trento (1545-1563), convocado pola igrexa católica fronte á reforma protestante para reafirmar puntos doctrinais en discusión. Atopamos na web en distintos arquivos exemplares de 1550, outros acuñados a finais de S. XVI, mesmo de mediados do S.XVII.

Similares representacións atopámolas por exemplo no British Museum, obxecto nº. 1868,0808.3336, impresión en papel de 180 mm x 282 mm, datada circa 1689 (podedes acceder á ficha completa pinchando na imaxe).

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Libros do demo, Rarezas. Ligazón permanente.

One Response to Ecclesia Perversa

  1. Soco Rúa di:

    Moi curioso! Moi interesante!

Os comentarios están pechados.