Vídeo de frauta de madeira: Armando López (Paradela-Lugo) Ano 2002

Levamos tempo ca idea de publicar diversos materiais sobre a frauta en Galiza que estamos a preparar.

Hoxe adiantamos un pequeno vídeo con dúas muiñeiras interpretadas polo Sr. Armando López Gómez (1935), de Paradela-Baralla (Lugo).

Formou parte da chamada “orquestra de Paradela”, composta de frautas e caixa, xunto con Ovidio, Pepe da Caseta (de Córneas, a primeira gravación de frauta de chaves galega que coñecimos), e Pepe López (irmao de Armando).

Malia que Armando era o caixeiro, dáselle ben a frauta, e seguiu tocando con seu irmán as frautas e cantando reis ata o ano 81 ou 82.

Cando o visitamos na casa diocesana de Lugo o 1 de maio de 2002, tocou algunhas pezas na súa frauta de chaves modelo alemán, pero tiña certos problemas para sacarlle o son, así que a meirande parte dos temas que lle gravamos foron nunha frauta en sol de Antón Corral.

Quixemos empezar a publicar iste tipo de materiais, porque consideramos que é interesante ver o estilo xenuino de tocar a frauta polos nosos paisanos, que pode ser diferente ao que achamos hoxendía en frauteiros (sexan profesores e alumnos) que veñen da gaita e tentan reproducir na frauta adornos e técnicas daquela.

Podemos destacar do Sr. Armando e outros frautistas que temos gravado, que fan moitos picados ca lingua, acentos co dedo inmediatamente superior ao do furado da nota ao ar, pouco ou nada de venteo. Tampouco empregan picados ca man esquerda  (ao estilo do que farían os gaiteiros), porque estes picados non teñen nen o mesmo efecto sonoro nen a mesma utilidade na frauta. Os fraseos son bastante cortados, o que axuda a levar o ritmo da melodía.

Que o desfrutedes.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s