Homenaxe a Juan Ferreiro nas festas de San Brais en Laroá (Ourense), 2-II-2015


Este luns 2-II-2015 iremos a Laroá a participar nunha homenaxe a Juan Ferreiro, Gaiteiro de Laroá, ben coñecido e recoñecido polos músicos e amantes da música tradicional deste país.

Será ás 19.30 no salón de actos de Laroá, dentro das festas en honor a San Brais, que comezan hoxe venres cunha ampla programación de música tradicional e actividades.

cartel laroa

Para nós por suposto é un honor que nos chamen para esta celebración. Os que nos coñecen saben da nosa paixón por manter os repertorios, estilos e sabor dos auténticos gaiteiros ourensáns. Adoitamos tocar repertorio dos nosos referentes na música tradicional, Faustino Santalices, Paco de Escornabois, Juan Ferreiro de Laroá e tantos músicos sen papel que deu a tradición. Música auténtica, feita para beilar, cun ritmo pausado.

GaiteiroTOCANDO

 

Juan Ferreiro de Laroá, anos 90. Fonte: Revista Raigame, CCP Xaquín Lorenzo Xocas.

 

Levamos semanas repasando o repertorio, aprendendo temas que non meteramos inda na cachimonia e coma sempre, maravillándonos da riqueza de matices e da sinceridade do xeito de tocar do sr. Juan.

Deixámosvos enlaces para os que queirades irvos ambientando.
Pinchando na imaxe inferior podedes acceder ao Catálogo de Músicos tradicionais da Limia (Ed. Difusora 2005), onde nas páxinas 27 e seguintes Delfín Caseiro fixo unha semblanza do gaiteiro Juan Ferreiro.

2005-maio-catalogo_musicos_limia

 

Nestoutro enlace podedes ler e descargar o libro-cd Os sons da Limia (Ed. Difusora, 2008), onde tamén incluimos un par de temas do Sr. Juan

capa Os sons da Limia

 

Foi patrocinado polo Proxecto Ronsel de Salvaguarda do patrimonio Inmaterial, e a Universidade de Vigo, e podedes acceder tamén a varios mp3s do disco na páxina web de Ronsel, incluíndo unha muiñeira do Sr. Juan Ferreiro

 

 

Tamén podedes escoitar as versións das mazurcas de Juan Ferreiro de Laroá e de Paco de Escornabois, así como pasodoble e muiñeira de Juan Ferreiro e que fixemos con Gomes Mouro, para o proxecto europeo Oralities.

 

Pasodobre e Muiñeira de Juan Ferreiro de Laroá

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s