Sr. Manuel Pazos de Merexo

[youtube  http://youtu.be/Sgttw4TIIpc]

 

Cando eu estaba empezando a teimar nos instrumentos diatónicos de botóns e de palleta libre, cando andaba moi pouca xente en Galicia metida nesa tolemia, ver un bo día a Sr. Manuel Pazos de Merexo no programa “Luar” tocando o seu acordeón diatónico foi unha revelación, Algo que moitos pensabamos case extinto no noso país e sen embargo alí estaba diante dos nosos ollos, case coma un fósil vivente procedente do pasado. Ademais tocaba cunha frescura e unha autenticidade sen igual, dalguén que levaba toda a vida cun acordeón nas súas maos.

Pouco despois nas primeiras vacacións coa miña muller, pasamos por Muxía e accidentalmente vin que alí indicaba Merexo, e non pude por menos que presentarme alí para coñecelo en persoa. O Sr. Pazos é unha persoa encantadora e xenerosa, enseguida sacou o seu acordeón e púxose a tocar para nós.

Dende Ourense Merexo non queda precisamente perto, pero pouco tempo despois, no ano 2000, fun con Xerardo Milhojas ata Muxía e fixemos unha gravación en vídeo de algo máis de media hora onde o Sr. Manuel Pazos debullou á perfección o seu estilo e o seu bo facer no acordeón en todo tipo de xéneros, dende pasodobles, valses, muiñeiras, jotas, e tamén algún bolero.

Moitas grazas ao Sr. Manuel Pazos por todo o que nos ten ensinado aos acordeonistas de toda Galiza.

Félix Castro

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s