O caderno perdido de Faustino Santalices (I)

portada caderno

No decurso dunha investigación son moitas as pequenas e grandes sorpresas que van xurdindo.

En setembro de 2010 apareceu na casa familiar dos Santalices en Madrid o que demos en chamar O caderno perdido de Faustino Santalices.

Trátase un minúsculo caderno, unha auténtica xoia, apenas de 12,5 x 7 cm, nos que o xenial artesán e músico levara contas das súas ventas de gaitas, punteiros, zanfoñas, palletas, e ferramentas dende 1928 ata 1949, o que nos permitiu non só aproximarnos a datos sobre a produción de instrumentos que fixo en boa parte da súa vida, tamén prezos, destinatarios dos instrumentos, e un sen fin de novos fíos que seguir.

No Congreso sobre Faustino Santalices que organizamos en Ourense en 2011, preparamos xunto con Iván Area unha comunicación sobre o caderno, ca súa transcrición, cómputos totais de producións e primeiras consideracións sobre a mesma. En días posteriores subiremos unha copia do estudio.

Agora en exclusiva para todos vós, presentamos a libretiña para os interesados e curiosos que queirades darlle unha ollada. Hai tamén nas páxinas 15 a 18 informacións non musicais, como unha lista de bargueños (mobles de escritorio de madeira), ou mesmo gastos correntes da familia (telegramas, uns zapatos…). Tamén aparece unha incógnita que podedes tentar descubrir: Non sabemos qué significado teñen os signos que aparecen nas tres primeiras liñas da parte superior da páxina 1

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Faustino Santalices, Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s