Proxecto Oralidades 2008-2013 Pack

P1160091

Hoxe temos a boa nova da recentísima publicación do pack Proxecto Oralidades 2008-2013, no que colaboramos.

Trátase dun proxecto europeo que se desenvolveu de 2008 a 2013 e no que participaron España (a cidade de Ourense), Portugal (Mértola, Idanha-a-Nova, e Évora), Italia (Rávenna), Bulgaria (Sliven) e Malta (Birgu), e que consistiu nunha ampla programación sobre as tradicións orais destes países, intercambios de grupos, conferencias internacionais. Centrouse especialmente na música popular e tradicionais, música barroca e renacentista, contacontos, tradicións orais. Ademais organizáranse dous congresos sobre patrimonio oral.

Unha mostra do traballo realizado recopilouse nunha publicación que acaba de saír e conta con 2 cds de música tradicional, 2 cds de música renacentista e barroca, 2 dvds con vídeos promocionais das cidades participantes e historias de tradición oral, e as actas dos congresos, amáis dun libriño con contos destos países.

No seu día publicamos eiquí os cortes musicais que gravamos con Gomes Mouro e Música Rabeosa, e que podedes escoitar no seguinte enlace

Tamén podedes desfrutar ca lectura das actas da Primeira Conferencia de Patrimonio Oral que tivo lugar en Ourense en novembro de 2011, no que colaboramos con dous estudos, un sobre Paco de Escornabois como paradigma de gaiteiro popular, e os usos e costumes no Antroido de Castro de Laza, e outro sobre a influencia da radio nos cambios das prácticas musicais.

oralities 464321_352627268115925_880300137_o

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s