Gala 40 Aniversario do Taekwondo en Ourense e Galicia, 8-4-2015 19:00 h no pavillón dos Remedios-Ourense

Gala_40_aniver_Ourense_08-03-151-515x290

 

 

Fai 40 anos que os primeiros mestres coreanos de Taekwondo chegaron a Galicia, entre eles o Gran Maestro Lee Dong Kyu que comezou a impartir clases de taekwondo en Ourense, ininterrumpidamente ata o día de hoxe. Dende entón percorreuse un longo camiño, dende un arte marcial exótico case descoñecido chegado dende oriente, ata un arte marcial popular en todo o mundo, cunha importante faceta como deporte olímpico, e que ten sido practicado por miles de galegos e ourensáns durante estes anos.

O G.M. Lee comezou a dar clases de taekwondo precisamente no Pabillón dos Deportes dos Remedios, para posteriormente fundar os seus primeiros ximnasios, Seoul e Gimnasio Club Lee, realizou máis de oitenta exhibicións nos primeiros anos de difusión da arte marcial e aos poucos anos as súas ensinanzas xa daban os seus froitos, cos seus alumnos participando en exhibicións e competicións rexionais e nacionais.

Así case dez anos despois da súa chegada, os seus primeiros alumnos comezaron a fundar ximnasios e espallar o taekwondo na provincia, o Gimnasio Trabazos en Ourense, o Gimnasio Taebek e Olimpia en Carballiño, o Gimnasio Olímpico en Celanova, o Gimnasio Chung Do Kwan en Ribadavia, e o Centro Deportivo O Couto, xa cun Mestre de segunda xeración. Practicamente todos estes ximnasios seguen en activo a día de hoxe e teñen colleitado moitos éxitos no mundo do taekwondo galego e nacional, amosando a boa saúde e nivel do taekwondo galego. Ao longo de todos estes anos moitos ourensáns teñen pasado polos seus ximnasios e se teñen beneficiado da práctica deste belo arte marcial e deporte, o Taekwondo.

Con motivo da xira por España do equipo coreano de exhibición, Shin Woo Hoe, cun impresionante currículo: campións no 2012 e 2013 do Campionato Mundial de Exhibición Hanmadang, Campións do Campionato de 2013 e 2014 “Copa Misión Nacional”, e Campións do Campionato Universitario Beksok 2014, o próximo 8 de abril ás 7 da tarde, no Pavillón dos Remedios  faráse unha exhibición deste equipo coreano e se celebrará o 40 aniversario do taekwondo en Ourense – Galicia, cunha exhibición conxunta de benvida realizada por alumnos infantís e cadetes de todos os ximnasios de Taekwondo da provincia.

Máis información en: Deportes Ourense    Ourense Dixital

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Artes Marciais. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s