Exhibición de Taekwondo do Maestro Lee Dongkyu e alumnos. Ano 1986 nos Salesianos de Ourense

Para continuar con esta gran celebración con motivo dos 40 anos da chegada do Taekwondo a Ourense e Galicia da man do noso Maestro Lee Dong Kyu, publicamos hoxe un vídeo dunha exhibición que se realizou o ano 1986 no pabellón dos Salesianos de Ourense, e que foi gravada por Angel López.

Nela participaron un bó número dos alumnos do Ximnasio Club Lee daquela, con técnicas fundamentais, combate a un paso, ataque ás catro direccións, poomses, rompimentos, combate libre, e defensa persoal.
Moi chamativa foi a exhibición de nunchakus por Daniel Losada, xa que era algo que el entrenaba particularmente (non dentro do ximnasio). Tamén o espectacular rompimento de tellas por Félix Blanco (45´40) e sobre todo a formidable demostración de hosinsul (defensa persoal) polo Maestro Lee con Enrique Barredo.

Contido do vídeo
1´30 minutos: Kibon dongja (técnicas fundamentais de perna e man), Jamboom kyeorugui (combate a un paso), shayio chirigui (ataque ás catro direccións)
10´00 Kyeorugui (combate libre)infantil
11´50 Rompimientos

15:50 Jambom Kyeorugui cinturóns negros
19´00 poomses

Cinturóns negros:
20´35 Rompimientos
24´50 Exhibición de nunchakus
25´40 Rompimientos
28´15 Kyeorugui
30´00 Poomse Koryo por Enrique Barredo e Félix Blanco
31´00 Nunchakus
32´00 Rompimientos
35´00 Bosinbop (defensa persoal) polo Maestro Lee

A desfrutala!

Se alguén ten vídeos de campionatos ou exhibicións antigas, que non deixe de facilitárnolas para pasalas a vídeo dixital e poder facer un arquivo do ximnasio e compartilo.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Artes Marciais, vídeo. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s