Maestro Lee e o TKD en Ourense na Televisión de Galicia, Informativos 9/IV/2015

Noticias de Galicia | Cúmprense corenta anos da chegada a Galicia dos primeiros mestres coreanos de taekwondo | CRTVG

Hai corenta anos chegaron a Galicia os primeiros mestres coreanos de taekwondo. Unha arte marcial milenaria daquela case descoñecida, que co tempo non deixou de gañar adeptos. Mestres e alumnos coinciden en que neste deporte as facultades físicas, a mente e a disciplina deben saber utilizarse a partes iguais.

O gran mestre Lee Dong Kyu chegou a Ourense dende Corea hai corenta e un anos. E lembra que entón non sabía nin unha palabra de castelán, daba as súas primeiras clases case exclusivamente por xestos. Agora réndenlle homenaxe por ser un dos primeiros en chegar a Galicia a espallar a cultura do taekwondo. Décadas despois só ten palabras de eloxio para os seus alumnos.

“Eu son mestre da técnica do taekwondo, pero o espírito, a filosofía, é máis bonito. Eles teñen máis paciencia ca min. Si, tiven alumnos marabillosos”.

O caso é que a semente prendeu e a día de hoxe en Galicia milleiros de nenos practican taekwondo dende ben cativos.

“Comecei a facer taekwondo hai tres anos. Máis que nada foi porque moitos dos amigos do meu irmán facían exhibicións de taekwondo e cousas de combates e gustoume moito, entón decidín facer taekwondo”.

O exercicio físico, o control mental e a disciplina son as bases fundamentais do taekwondo.

“Cousa deles e algo que animamos nós tamén porque parecíame unha disciplina boa e enriba gústalle. Ás veces o nervio que trae do colexio cálmaselle, gústalle e nada máis”.

E engaden que aprender taekwondo implica coñecer toda unha filosofía de vida.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Artes Marciais, Prensa, vídeo. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s