Etelvino Bande Montero, tocador de filharmónica de Noallo-Castrelo de Miño

etelvino diatónico

Etelvino Bande Alvarez no centro co acordeón de botóns, nunha boda en Santa María-Castrelo de Miño, 1930

Se algo caracteriza aos músicos tradicionais é a frescura das súas interpretacións, sempre pensadas no baile, cun ritmo que fai beilar os pés.

Xa hai tempo que coñecemos ao Sr. Etelvino, Etelvino Bande Montero, tocador de filharmónica, acordeón, e percusións varias, sempre animado para facer unha música. Ténnos contado multitude de anécdotas e xa nos tardaba de facer unha pequena referencia sobre a súa vida musical.

Seu pai, Etelvino Bande Alvarez (1903-1963), nado en Souto, do concello de Castrelo de Miño (Ourense), casou e foi vivir a Noallo. Sempre tocou o acordeón diatónico, facía festas, bailes, tocaba nos cafés, e ata ían os mozos de noite sacalo da cama para levalo polos carrouchos a faer un baile onde queira que fose, para o que e sempre estaba disposto. Ao voltar chegaba  tocando o acordeón, e Etelvino fillo lembra que ata que seu pai estaba na casa  il non era capaz de conciliar o sono.

Á familia polo lado paterno chamábanlle “Os pequenos de Pousadoiro” e moitos saíron músicos, varios tocaban o acordeón diatónico.

Etelvino Bande Montero herdou esa paixón pola música, ese ritmo aquelado para beilar, e boa mostra son esta muiñeira e xota que aprendeu de seu pai, e que lle gravamos na súa casa en Soutopenedo-San Cibrao das Viñas no mes de Marzo de 2015, disfrutáinas!

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Estas entrada foi publicada en Música tradicional coas etiquetas . Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s