Presentación “A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”: Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña”

libro causa mbr

 

O pasado luns 8 de xuño tivo lugar a presentación do Libro “A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”: Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña” na propia sede do Arquivo do Reino de Galicia en Coruña.

Acercámonos ata aló como interesados no caso, e queremos antes de nada agradecer a Carmen Prieto, directora do Arquivo, as atencións que ao rematar a presentación nos deu e a visita ao Arquivo e laboratorio, sumamente interesante.

A obra en cuestión é a edición da reprodución facsimilar do exemplar conservado no Arquivo do Reino de Galicia da Reseña da Causa formada no xulgado de Allariz distrito de A Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, o home lobo, por varios asasinatos… publicada en 1859, xunto cun CD ca copia dixital do expediente xudicial orixinal que figura no mesmo Arquivo.

Para os interesados no caso MBR é unha obra imprescindible, xa que achega ao público os documentos orixinais da causa. A reseña, publicada no seu día polo avogado defensor Rúa Figueroa, é un resumo moi ben fiado dos feitos máis salientables, xunto con alegatos e intervencións do fiscal La Bastida e o avogado defensor Rúa Figueroa. Acompáñase tamén de dous estudos contextualizadores de Miguel Angel Cadenas, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e da propia Carmen Prieto, directora do ARG.

Máis a dixitalización a toda cor do expediente xudicial completo (uns 1.700 folios)  permitirá aos estudosos e curiosos bucear nas profundidades deste complexo expediente.
 
50459-1-1ªPieza.Juzgado.Allariz-1(1)

 

O interese pola causa evidénciase na multitude de copias dos documentos emitidos polo ARG: Na última década (dende 2003) como explica Carmen Prieto no libro, realizáronse 7.778 copias en papel e 5.942 copias dixitais. Máis sorprendeunos o feito de que a única copia íntegra da causa foi solicitada por nós no ano 2012, como nos comentou particularmente a propia directora.

 

Foto: Marcos Míguez. La Voz de Galicia 9-6-2015

Foto: Marcos Míguez. La Voz de Galicia 9-6-2015

A presentación correu a cargo de Anxo Lorenzo, secretario da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Miguel Angel Cadenas e Carmen Prieto.

Enlace a mixcloud aquí

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Tras as pegadas de Romasanta. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s