Cabecera do programa en Vimeo
Este martes 6 de outubro ás 23.15 h estréase “Naqueles Tempos”, novo programa documental da Televisión de Galicia sobre a historia da música galega na segunda metade do século XX, que promete ser moi moi interesante. A nós entrevistáronnos sobre a historia da gaita e falamos principalmente da función dos gaiteiros tradicionais e sobre a figura de Faustino Santalices.
Son 14 capítulos de 50 minutos, dirixido por Suso Iglesias, con numerosas entrevistas e aportacións sobre a historia das distintas músicas que conviven e se producen en Galicia, cun formato moi dinámico e atraínte que ben seguro vos gustará.