Adiviña musical (y II) Ellos las prefieren gordas!

transformers-all-hail-megatron-1-la-orquesta-mondragon - Copia

Ellos las prefieren gordas! Orquesta Mondragón
Tema publicado en 1987, no séptimo disco da Orquesta Mondragón, con música de Javier Gurruchaga e Antonio Carmona Vives, e letra de Haro Ibars.

 

Efectivamente, como varios de vós xa contestastes, a peza bailable que interpretaba á gaita o Sr. Francisco de Cualedro, era “Ellos las prefieren gordas!” da Orquesta Mondragón.

En temas etnomusicolóxicos é moi interesante ver cómo as melodías, mesmo comerciais, son interpretadas polos músicos tradicionais adaptándoas ao seu instrumento, ao xeito de beilar a xente,…. A chegada das radios, cassetes, da televisión, supuxo para moitos grupos e gaiteiros a chegada de nova inspiración para a súa música. Tamén pesaba o interese de agradar ao público, e mesmo o reto de tocar a última peza de moda que houbera. E así atopamos rancheras, tangos, éxitos de Eurovisión, ou adaptacións de pezas de bandas de música, entrenzados nos repertorios de case todos os músicos populares.

Os gaiteiros de Vilar de Calvos de Randín (na montaña fronteira con Portugal) contan con emoción a chegada da radio nos anos 60 e como aquelo trouxo novas melodías, pero que como a recepción era moi deficiente,  a veces só escoitaban unha primeira parte ou uns compases dun prometedor tema, e despois tiñan que arranxalas ou rematalas según mellor lles gustaba. Sobre estas cuestións fixeramos unha comunicación para o Congreso Oralities 2010 en Ourense, que podedes ler en Issuu aquí páxs. 143 en adiante.

Malia todo,  os propios gaiteiros saben ben distinguir, qué pezas eran as antigas que bailaban os maiores, cales aprenderon de certa Música ou banda, en qué tempo as introduciron.

Uns meses atrás puxeramos o Bolero “Amado Mío”, popularizado por Rita Hayworth, na versión de Juan Ferreiro de Laroá, que podedes lembrar neste enlace .

 

 
No tema “ellos las prefieren gordas!” moito máis provocador e festeiro, é moi interesante pararse a escoitar a variación de ornamentación e fraseos que fai o Sr. Francisco. Sempre nos gusta lembrar cómo cada música tradicional é unha linguaxe propia, igual que as linguaxes faladas. Chegan novos ritmos, novas melodías, pero sempre furan por entre elas, os modos, os recursos e a voz propia da gaita.
 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s