O Maestro Lee Dong Kyu e o Ximnasio Club Lee no programa “Boas tardes” da TVG

O pasado mércores día 4 de novembro, desprazámonos co Maestro Lee Dong Kyu para unha exhibición en directo de Haidong Gumdo e Taekwondo no plató en Vigo do programa “Boas Tardes” da TVG Televisión de Galicia.

Foi unha experiencia única, xa que malia que o Maestro ten feito ao longo da súa vida moitísimas exhibicións, era a primeira vez que a realizaba nun plató de televisión e en riguroso directo.

Apenas tivemos quince minutos para facer unha pequena proba antes de comezar a emisión, pero foi todo un espectáculo. Todos os cámaras e axudantes estaban expectantes e ao redor da tarima e quedaron absolutamente impresionados, observando o poomse e o gumbub do Maestro Lee, mirando cómo se movía polo plató facendo cortes da espada en todas as direccións e o director avisando “Coidado! Que aí se supón que estará a cabeza da presentadora!“. Ao final solucionaron librando espazo para a exhibición e sacando de escea unha gran alfombra peluda e un par de butacóns que tiñan para as entrevistas.

O Maestro quedou máis que satisfeito coa experiencia, xa está animado pensando na próxima vez -haberá que ir coa espada real, a facer corte de bambú-, e  quedou precioso o vídeo-montaxe con imaxes e entrevistas gravadas o venres anterior no propio ximnasio, con todos os alumnos participando desta pequena homenaxe.

Felicidades Sabomnim!

IMG-20151105-WA0002

En todas partes hai antigos alumnos do Maestro Lee. Nos estudios da productora Faro atopámonos con Ignacio, alumno da época cando o Maestro daba clases nos Salesianos, 30 anos atrás.

IMG-20151104-WA0012

Con Noelia Otero, presentadora do magazine “Boas tardes”, despois da exhibición
Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Artes Marciais. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s