Resultados do II Campionato de España de Haidong Gumdo

 

Este sábado pasado 28-XI-2015 tivo lugar o 2º Campionato de España de espada coreana en Espartinas-Sevilla.

IMG_20151128_211246

 

En primeiro lugar queremos felicitar aos compañeiros da Delegación Andaluza e ao seu Delegado, o Maestro Javier Romero, polo esforzo e formidable resultado organizativo, e tamén a todos os Maestros e competidores vidos de todas partes de España pola gran xornada de convivencia que tivemos.

Máis de 100 participantes de diferentes comunidades asistiron á cita, que comezou cun curso intensivo de entrenamento dende as 10 ás 13 h co noso Maestro Lee Dong Kyu.  Pola tarde tivo lugar a competición, entrega de medallas e gala.

O Maestro Lee Dong Kyu, fundador deste arte marcial en España, leva quince anos percorrendo miles de kilómetros impartindo cursos e formando a Mestres para difundilo. A alta participación no 2º Campeonato de España é a máis clara mostra do éxito e da gran difusión que está acadando este arte marcial e o bo traballo de todos os delegados territoriais na súa difusión.

É interesante salientar a ampla variedade de categorías que se realizan e que permite a cadaquén inscribirse segundo as súas preferencias: Gumbub forma individual, Gumbub en grupo, gumbub artístico con música, corte de papel, corte de bambú, corte de vela, combate de exhibición, e combate libre.

Da delegación galega asistiu como árbitro o Maestro Manuel Soto, e como competidores Cástor Castro, Félix Castro, Manuel Marquina, Emilio Pazos, Cristian Cid e Jonathan Iglesias (do Ximnasio Club Lee  de Ourense) e Lucas Egas, Adolfo Quiroga, Alberto Soto e Manuel Ayude (do ximnasio Olimpia, do Carballiño).

Os moi bos resultados acadados pola delegación galega, que obtivo 10 ouros, 6 pratas e  6 bronces, foron os seguintes:

Categoría de cinto negro-veteranos

 Manuel Soto

Ouro en corte de bambú

 

Cástor Castro

Ouro en gumbub (forma individual)

Bronce en corte de papel

 

Félix Castro

Prata en gumbub

prata en corte de papel

Bronce en corte de velas

 

Manuel Ayude

Prata en corte de papel

Bronce en corte de vela

 

Categoría de cinto de color-A

Jonathan Iglesias

Prata en gumbub

 

Categoría de cinto de color-B veterano

 

Manuel Marquina

Ouro en gumbub

 

Emilio Pazos

Ouro en corte de papel

Bronce en gumbub

Bronce en corte de vela

 

Cinto de color-B senior

 Lucas Egas

Ouro en gumbub

Prata en Kyeorugui (combate libre)

 

Adolfo Quiroga

Ouro en corte de papel

Ouro en corte de vela

Bronce en gumbub

Ademáis Lucas Egas e Adolfo Quiroga obtiveron a medalla de ouro no combate de exhibición.

Cinturón de color B Junior

Cristian Cid

Ouro en gumbub

Prata en corte de papel

 

Queremos facer tamén unha mención especial ao competidor Saúl Serbia Rivero, compañeiro ourensán e na actualidade instructor en Sevilla, que recibiu o premio ao mellor competidor de España e acadou catro Ouros en gumbub, corte de vela, combate libre e gummu  (forma con música), e prata en corte de papel.

Haidong!

12294654_961718857234728_5156475885512434479_n12249621_961402670599680_5625146228833882985_n

Nos próximos días iremos actualizando enlaces a vídeos e imaxes da xornada

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Artes Marciais. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s