TVG “Naqueles tempos”: A gaita galega II

naqueles tempos

O programa Naqueles tempos é unha serie documental de Suído Producións, que en 14 programas percorre a música e a sociedade de Galicia durante a segunda parte do século XX.

Colaboramos con eles en tres programas específicos dedicados á gaita galega. O primeiro deles foi emitido o pasado martes 8 de decembro, e podedes velo no seguinte enlace na propia páxina do programa.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-gaita-galega-i

Hoxe á noitiña emitirán o capítulo 13, segundo programa dedicado á gaita, no que participa o Sr. Faustino Luis Seoane (91 anos), do Cañizo-A Gudiña, un dos últimos grandes gaiteiros de tradición en activo que temos na provincia de Ourense. Foi entrevistado e gravado no ano 54 polo coñecido etnomusicólogo estadounidense Alan Lomax; é unha grandísima persoa,  boa e xenerosa, moi entrañable para nós, e escoitarlle contar as súas vivencias e aprendizaxe na música con esa serenidade que fai el, emociona.

faustino luis

 

Será ás 00:12 h (madrugada do martes para o mércores) na TVG Televisión de Galica.

No seguinte enlace poderedes seguir en directo por internet o programa

http://www.crtvg.es/tvg/tvg-en-directo

NOTA: Dende o día seguinte (16-XII), o programa xa está dispoñible en

http://www.crtvg.es/tvg/programas/naqueles-tempos

 

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s