Cunqueiro e o Dicionario Infernal de Colin de Plancy

mil e un cunqueiros

Atopamos recentemente a publicación dixital das actas do Congreso “Mil e Un Cunqueiros” celebrado polo Consello da Cultura Galega e as tres universidades galegas no ano 2011, que serviu como foro para afondar na figura e múltiples facetas da vida e obra dun dos máis grandes escritores galegos, Álvaro Cunqueiro. Un dos nosos favoritos xunto con Vicente Risco.

Podédelas descargar en pdf no seguinte enlace Mil e Un Cunqueiros

Nas páxinas 753 a 754 fixemos unha comunicación sobre “Álvaro Cunqueiro e o Dicionario Infernal de Collin de Plancy“. Esta obra enciclopédica do francés Colin de Plancy foi unha das obras favoritas de Cunqueiro e serviu para fornecerlle de abondosa información para os seus artigos xornalísticos no relacionado cos demos, a maxia e o marabilloso.

A pesares de parecer que só o coñeceu a través da reedición feita pola editorial Taber no ano 1968 polo seu amigo e escrito Joan Perucho, o tema anxélico e diabólico foi un dos “haunting thoughts” de Cunqueiro, como xa teñen indicado outros autores, daí a importancia desta obra pola gran parte que dedica á descrición dos demos e das diferentes xerarquías infernais e a súa relación co xénero humano.

Na comunicación facemos fincapé tamén nos paralelismos entre Colin de Plancy e Cunqueiro no referente ao diferente emprego nas súas obras da erudición, da intertextualidade e das citas eruditas, en Cunqueiro son ferramentas ao servizo da creación literaria, fronte a Colin de Plancy que semella máis ben ao servizo do seu afán enciclopédico.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s