“La Farruca está cansada, ya no quiere trabajar…” Faustino Santalices en defensa da Farruca

Fai moitos anos tuvemos a fortuna de coñecer a Ildefonso Santalices, quen fora farmacéutico e xuíz en Bande. Ildefonso era sobriño de Faustino Santalices, o músico, artesán, investigador. E foi Ildefonso a primeira persoa que nos aproximou a esa gran figura da nosa música, deixounos os discos de zanfoña (daquelas descatalogados e inatopables), e nos contou moitas anécdotas e historias cheas do cariño e admiración que lle tiña.

Ildefonso tamén nos emprestou algún poema de Santalices (a meirande parte da súa obra está inédita) e en concreto este que compuxo na defensa da Farruca, que nos gustou e queremos difundilo hoxe no Día internacional da muller.

Ildefonso non nos contou a historia pero do propio contido das cuartetas, dilucídase que alguén chamado José González Otero, emigrado a Buenos Aires, compuxo uns poemiñas firmados como Gabino, despedíndose do seu Lovios querido e da súa mullerciña, de nome Farruca.

farruca 1

farruca 3

farruca 2

O tal Gabino, despedíase con moito sentimento da súa Farruca, deixándolle todo tipo de encargas, que lle coidara as viñas, a cabra, a vaquiña, que non lle dera disgustos…

Debeu quedar moi contento coas coplas, porque lle pediu a Faustino Santalices que lle puxera música, e a contestación de Santalices, moi apropiada, foi a que segue:

farruca 4farruca 5farruca 6

Gústanos particularmente o feito de que as cuartetas empezan nun correcto castelán, e cando Santalices acaba o seu alegato en defensa do honor da rapaza  e co rexeitamento das andraxadas a está sometida, os seus sentimentos abrollan cun galego poderoso.

Contan que Santalices era unha persoa enteira e vehemente: Aí queda esa raza e xenio de Faustino Santalices en defensa da Farruca.

Unha opinión sobre ““La Farruca está cansada, ya no quiere trabajar…” Faustino Santalices en defensa da Farruca

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s