“O Libro de San Cipriano” en Verín

Creencias-antiguas-y-Mitología_web

Entre o 4 e o 12 de maio terá lugar o Ciclo de conferencias Crenzas Antigas e Mitoloxía no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. Así o confirmaron esta mañá a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e o responsable da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Vicente Rodríguez Justo, na casa consistorial.
Devandita iniciativa, organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, estará composta por catro sesións:

-Mércores 4 de maio terá lugar a primeira conferencia do ciclo, O libro de San Cipriano. Félix Castro Vicente, antropólogo e músico abordará, dun xeito divulgativo, a figura de San Cipriano de Antioquía, Santo Mártir do século III D.C, e da súa vinculación con prácticas máxicas relixiosas entoda Europa, fundamentalmente a “Oración de San Cipriano”. O relator realizará un breve percorrido polas diversas versións encontradas da Oración e do Libro, a súa vinculación en Galiza coa busca de tesouros, e concretamente cos localizados na provincia de Ourense e na contorna de Verín.

-Xoves 5 de maio realizarase un visionado do documental Sapos e Bruxas, de Luís Pedreira. Trátase dun traballo audiovisual no que se explica porque, e de que forma, xurdiu en Montalegre o fenómeno do venres 13, a través de varias recreacións de historias e lendas de Barroso, do testemuño dalgúns dos principais intervenientesno evento, e da man doutros coñecedores da cultura galaico-transmontana. O finalizar o visionado haberá una Charla-coloquio moderada por José R. Cruz.

-Mércores 11 de maio, Miguel Losada Pérez (SAGA) levará ao público cara a unha parte pouco transitada do seu imaxinario colectivo coa conferencia O mundo da morte, as ánimas e os defuntos. Losada versará, a través de catro exemplos, sobre o caso da Cultura Galega, que pariu mitos, ritos e deuses dun xeito tan competente como pouco divulgado.

-Xoves 12 de maio, pechará o ciclo temático, a conferencia Crenzas antigas e mitoloxía no norte peninsular, Toti Martínez de Lezea, escritora, tradutora, guionista, columnista e presentadora (ETB), achegará aos asistentes algunhas das antigas prácticas e crenzas do norte peninsular que chegaron ata os nosos días, como os ritos dos solsticios de verán e inverno, os entroidos, os cardos solares protectores dos fogares contra os malos espíritos, ou as mencións á Dama Mari, última reminiscencia europea dunha Deusa Nai.

Todos os actos programados no ciclo Crenzas antigas e Mitoloxía terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín (Rúa Irmáns da Salle) ás 19:30 horas.

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s