“O comercio de graxa humana” en Cuarto Milenio. Cuatro TV

 

 

O pasado domingo día 17 de xullo de 2016 “Cuarto Milenio” emitiu unha reportaxe de Natalia Monje e Francisco Pérez sobre o comercio de graxa humana, baseada nas nosas investigacións e nos estudos de Luis Giadás. Fixéronnos con tal propósito unha pequena entrevista onde lles relatamos as referencias ao uso desta substancia nos repertorios de farmacopea e industriais, casos reais citados nos boletíns de xurisprudencia ou na prensa do s. XIX (Cambados, Soutochao…) e mesmo recibos por graxa humana que aparece no arquivo do Real Sitio de Aranjuez. Tamén falamos da regulación que había en Alemaña sobre o comercio de unto, monopolio dos verdugos, sobre o que xa fixemos unha pequena entrada no noso blog, e que atopamos por primeira vez nos estudios sobre o Pishtaco peruano da Dra. Rosario de Prybil, da Universidade de Viena.

Para os que madrugades e non puidestes ver a reportaxe, deixámosvos o enlace aquí arriba.  As dramatizacións con que adoban a historia son para o noso gusto un tanto truculentas -O proceso de extracción da graxa que recolle a prensa histórica e libros de farmacia realizábase mediante a cocción dos corpos, e non coincide exactamente co que se amosa no vídeo-. Nós particularmente preferimos quedarnos coa parte de investigación, sempre apaixoante, pois nunca se sabe onde acharemos a seguinte peza do puzzle.

 

NOTA: Avisamos de que Mediaset España bloqueou o noso vídeo. Sorprende que impidan que publicitemos de xeito gratuito e sen ánimo de lucro a nosa aparición no programa, cando a cadena televisiva fai un uso lucrativo da nosa participación, documentación e investigacións. Paradoxas da vida

Mentres se solventa a situación podedes ver o programa na propia páxina de Cuatro, pinchando na seguinte imaxe (a reportaxe aparece no minuto 1:04:52 a 1:28:52). Iso sí, a plataforma de mitele é un tanto molesta pois vése entorpecida con numerosa publicidade

 

la guerra del agua

Tamén podedes acceder ao programa no seguinte enlace

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Libros do demo, Rarezas, Tras as pegadas de Romasanta. Ligazón permanente.

2 Responses to “O comercio de graxa humana” en Cuarto Milenio. Cuatro TV

  1. NAtalia di:

    Ola! Son Natalia Monje. Mil grazas de novo polas vosas aportacións. O do vídeo supoño q é un bloqueo automático cando se comparte fóra de mediaset pero ten q ter remedio. Vou indagar para reparalo. Unha aperta!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s