Euromulimpia 2016 en Colonia, Alemaña

bfe6b8bf2e

O pasado sábado 15 de outubro celebrouse en Colonia, Alemaña o primeiro EuroMulimpia, campionato Open de Artes Marciais. Asistiron máis de 600 participantes dunha veintena de países europeos, amáis de Marrocos e Corea, para competir en distintas artes marciais coreanas (taekwondo, haidong gumdo), xaponesas (karate, jiujitsu) e chinas (kungfu, wushu).

A filosofía do Mulimpia, emulando os xogos olímpicos, é sentar unha base para unir aos practicantes das distintas disciplinas nun macroevento onde poidamos compartir o respecto, o esforzo, o compañerismo, en suma os valores que defenden as Artes Marciais.

Dende España desprazámonos vinte competidores de Haidong gumdo e como sempre é unha grande oportunidade para probarse, mellorar, e disfrutar en compañía de amigos/as de toda España.

h6620103

O equipo español co noso Kun Sabomnim Lee Dong Kyu, vicepresidente do Mulimpia, e o presidente da Federación Mundial de Haidong Gumdo, Kim Jeong Ho.

Este foi o evento europeo de Haidong ao que asistimos máis practicantes españois, acadando un moi bó nivel.

Entre os resultados podemos destacar os Mulimpions, copas de campeóns mulímpicos, acadados por Saúl Servia en kyeorugui (combate libre); Alvaro Gómez en gumbub (formas); e por Félix e Cástor  (nós mesmos) en kyopgum (combate de exhibición), que tamén obtivemos prata en corte de bambú, e Félix prata en gumbub.

Amáis acadáronse un total de 5 ouros e 15 platas, e o equipo andaluz de corte de papel obtivo a medalla de bronce.

 

14601094_919647604807209_1753125164829644479_nhdgd

71-106634897-null-16-10-2016-19-06-26-534

Exhibición de corte de bambú polo Maestro Taekyoung Lee na Gala de Apertura

h6620164h6640012

Saúl Servia, Campión do EuroMulimpia 2016 en kyeorugui, combate libre

salto enfocado 1.jpg

Un momento do noso movido combate

img-20161016-wa0005h6620254

Entrega dos Mulimpions

A Televisión Coreana ven de publicar un amplo vídeo resumo do Mulimpia que podedes ver a continuación

 

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Artes Marciais. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s