Organoloxía da gaita marcial

organoloxia-da-gaita-marcial-1

Estamos de noraboa! Acabamos de recibir de imprenta Rodi os exemplares impresos da nosa comunicación “Transformacións na organoloxía da gaita en Galicia: O caso da gaita marcial“, que prepararamos para os Congresos internacionais de Organoloxía que tiveron lugar en Braga-Portugal, organizado por Animusic, e o congreso da Asociación de Gaiteiros Galegos en Ourense, celebrados en 2014.

É a primeira publicación ideada, escrita, maquetada, editada e sufragada íntegramente por nós, cunha tirada inicial de 75 exemplares, o que nos enche dun orgullo especial.

Temos que agradecer especialmente aos informantes Iván Area, Fernando De Vicente, Xosé Lois Miguélez, e a Pablo Carpintero, a súa confianza, aclaracións, e testemuñas para a elaboración deste documento.

Son 60 páxinas a toda cor, onde debullamos a historia da invención da gaita marcial, e expoñemos as principais obxeccións que a comunidade científica que estuda seriamente a tradición musical galega lle ten plantexado.

A mesma comunicación está xa distribuida no mercado internacional en inglés, dentro nas Actas do Congreso Animusic de 2014, xunto con escritos de organólogos e científicos de tanto renome como Jeremy Montagu, das que vos faremos unha pequeña reseña cando nos chegue.

Como a nosa intención é darlle a máxima difusión posible, máis adiante miraremos de facer accesible os pdfs das versións galega e inglesa da comunicación, pero por agora só estará dispoñible en versión papel (moito máis cómoda e agradecida) que enviaremos gustosamente a quen nola solicite,  polo custo de impresión+gastos de envío.

Advertisements

About Castor e Felix Castro

Músicos e investigadores en patrimonio musical e etnográfico galego
Esta entrada foi publicada en Música tradicional. Ligazón permanente.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s