Como moitos de vós xa coñecedes, en xullo de 2014 participamos no Congresso Internacional de Organoloxía ANIMUSIC na cidade de Braga, Portugal, onde entre expertos convidados de todo o mundo, presentamos unha comunicación sobre as orixes da gaita marcial, confrontándoas coas tipoloxías históricas de gaita galega, e engadíndolle reflexións de tipo antropolóxico e etnomusicolóxico.
Foi un pracer expoñer esa cuestión nun ámbito especializado e o altísimo interese que suscitou entre os asistentes, que vían neste proceso paralelismos nos seus distintos ámbitos xeográficos.
A asociación ANIMUSIC ven de publicar no Vol. III de LIRANIMUS (120 páxs.) algúns dos escritos das comunicacións presentadas, incluindo a nosa pequena aportación entre traballos de musicólogos tan prestixiosos como o Sr. Jeremy Montagu, autoridade mundial en instrumentos musicais.
Insertamos a continuación algúns páxinas da revista para que teñades unha pequena idea da nosa aportación.
Esta comunicación ven sendo o xerme inicial sobre o que despois ampliamos a nova comunicación en galego para o Congreso de Organoloxía da Asociación de Gaiteiros Galegos en setembro de 2014 da que acabamos de publicar o texto íntegro, con moitísimas máis documentación gráfica.
Se alguén está interesado en adquirir a revista Liranimus pode facelo accedendo a www.animusic-portugal.com onde ademáis podedes ver as súas actividades, ou escribindo a animusic.portugal@gmail.com