O pasado sábado 26 de novembro tivo lugar en Badalona-Barcelona o 3º Campionato de España de Haidong Gumdo-Espada coreana, organizado pola Delegación Catalana de Haidong Gumdo, a quen queremos felicitar polo magnífico desenvolvemento do evento, cunha organización fantástico, e por nos recibir a todos os competidores e facernos sentir parte dunha gran familia.
Participaron cerca de 100 competidores das territoriais de Galicia, Asturias, Cataluña, Andalucía, Baleares e Murcia.
De mañá tivo lugar un curso de técnica para todos os participantes a cargo do noso Gran Maestro Lee Dong Kyu.
Xa de tarde, celebrouse a competición con oito modalidades: Gumbub (Formas), formas en grupo, formas con música, corte de papel, corte de bambú, apagar velas, combate de exhibición e combate libre.
Subdivididas en categorías por grao (cinturón Color A-c. Color B-cinturón Negro) e por idades (infantil, junior, senior, veterano).
A Delegación Galega, que participou cun total de 11 competidores provenientes do Ximnasio Club Lee de Ourense, Ximnasio Olimpia de Carballiño e Escuela Ayude de Melide, obtivo moi bos resultados nas diferentes categorías, recibindo un total de 9 ouros, 6 platas e 4 bronces.
O premio ao Mellor Competidor compartírono Lucas Egas, do ximnasio Olimpia de Carballiño, e o compañeiro Saúl Servia, ourensán afincado na actualidade en Sevilla.
Os resultados detallados acadados polo equipo galego foron os seguintes:
(Ximnasio Club Lee, Ourense)
Cástor Castro: Categoría Cinturón Negro-Veteranos: Ouro en gumbub (formas) e Ouro en combate de exhibición
Félix Castro: Cat. C. Negro-Veteranos: Bronce en gumbub (formas) e Ouro en combate de exhibición
Samuel Lee: Cat. Cinturón Color A-Junior: Ouro en gumbub (formas) e Ouro en apagar vela
Manuel Marquina: Cat. C. Color A-Veterano: Ouro en apagar vela, Plata en corte de papel, e Bronce en combate libre.
Rosa Elena Hermida: Cat. C. Color A-Junior: Bronce en corte de papel
(Ximnasio Olimpia, Carballiño)
Manuel Soto: Cat. C. Negro-Veterano: Ouro en corte de papel, Plata en corte de bambú
Lucas Egas: Cat. C. Color A-Senior: Ouro en gumbub (formas), Ouro en sword dance (forma con música), Plata en combate libre, Plata en corte de papel, e Plata en apagar vela. Premio ao Mellor Competidor.
Alberto Soto: Cat. C.Color B-Senior: Bronce en corte de papel
(Escuela Ayude, Melide)
Manuel Ayude: Cat. C. Negro-Veterano: Bronce en corte de papel
Ilustramos a nova con fotografías realizadas por Jordi España e Jordi Tinoco e que a Delegación Catalana publicou en galería en Facebook.