Colaboración para “The Book of St. Cyprian” por Humberto Maggi, Nephilim Press, 2016

 

título cyprian humberto maggi

 

Moitas veces nos preguntades en qué novas investigacións andamos metidos, e o certo é que raro é o mes que non recibimos algún e-mail ou consulta sobre as nosas investigacións principais, ou estamos enleados nalgunha colaboración.

No temos publicado aínda un traballo completo sobre obras de ocultismo finisecular, fundamentalmente grimorios, e concretamente sobre o Libro de San Cipriano, un dos temas no que levamos máis tempo traballando. Malia todo, nese campo temos colaborado durante anos asesorando e aclarando cuestións en obras publicadas por outros colegas sobre o Libro de San Cipriano en todo o mundo, e faremos recensións de ditas colaboracións nas próximas entradas.

Os primeiros correos que recibimos despois do 2005, cando se publicou en internet a primeira parte do noso artigo sobre o Libro de San Cipriano na desgrazadamente desaparecida revista Hibris de bibliofilia, que publicaba o noso amigo Pepe Grau, foron fundamentalmente solicitando o noso asesoramento máxico ou a venda dalgunha das obras máxicas da nosa colección, coma se tratasen cunha tenda esotérica ou un mestre ocultista, cando o noso interese ten sido fundamentalmente bibliográfico e antropolóxico.

A publicación en internet da primeira parte xerou unha avalancha de correos tanto á Revista Hibris como ao noso enderezo, que aparecía no artigo, que só foi cortada cando os propios editores da revista quitaron o artigo da rede pouco tempo despois. Isto non evitou que este fora copiado e recopiado en multitude de páxinas web de maxia e esoterismo ata o día de hoxe.

No ano 2010 recibimos un e-mail de Humberto Maggi, escritor brasileiro e pesquisador da Maxia, solicitando abundante información sobre os Libros de San Cipriano que coñecíamos, o que xerou unha frutífera colaboración que prosegue a día de hoxe, e que culminou coa publicación da súa obra sobre o tema en brasileiro e en inglés, na que recompila materiais das diversas versións ibéricas existentes sobre o Libro de San Cipriano  e contextualiza a orixe do libro. O noso traballo neste caso foi basicamente facilitar imaxes orixinais sobre as obras que nós posuíamos na nosa colección que aparecían citadas na obra do Sr. Maggi, asesoramento e indicación das versións distintas deste famoso grimorio que coñecíamos, de fontes secundarias posibles de  información, e indicación de algunhas liñas de investigación que nós tiñamos iniciado.

A obra inxente, de 700 páxinas, levou moito traballo de organización e compilación, así como de tradución, polo que despois de varios anos de retraso foi finalmente publicada no ano 2016 pola editorial Nephilim Press, incluíndo unha presentación feita por Félix e un Prefacio por Nicholaj de Mattos Frisvold.

Esta obra, xunto con outras que comentaremos nas seguintes entradas e nas que tamén participamos dalgún xeito,  supuxeron un antes e un despois no coñecemento do Libro de San Cipriano, e concretamente das prácticas máxicas ibéricas  no campo da bibliografía máxica no ámbito anglo falante e case pode dicirse mundial.

Por se é do voso interese está a venda na propia editorial e en Amazon, e en portugués en Clube de Autores do Brasil.

https://www.clubedeautores.com.br/book/210812–Thesaurus_Magicus_II#.Ws3nLi5ubIU

https://store.nephilimpress.com/product-p/978-0-9905687-4-2.htm

Copiamos a continuación a presentación da obra que se fai na páxina web da propia editorial Nephílim Press:

“This edition brings together the three texts from the fourth century that gave rise to the magical tradition associated with the name of St. Cyprian (Conversion, Confession and Martyrdom), the four most important Iberian grimoires of the nineteenth century (the Portuguese that gave birth to the Brazilian versions and the Spaniards containing the instructions of ceremonial magic) and several other magical texts associated with the Holy Sorcerer. The material was organized in sections that allow a comprehensive analysis of the contents (The Origin of the Book, Vita Cypriani, Magical Art, Talismans and Amulets, The Book of the Spirits, Cyprian Prayers, Exorcisms, Magical Treasures, Magical Secrets). The historical introduction has a broad and detailed description of the origins and development of the tradition from the fourth to the nineteenth century. The edition is enriched with a Preface by Nicholaj De Mattos Frisvold and the Presentation by Felix Castro Vicente”

 

st cyprian humberto maggi

Unha opinión sobre “Colaboración para “The Book of St. Cyprian” por Humberto Maggi, Nephilim Press, 2016

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s