Mañá mércores, presentación do libro “Os cantos do mar” por Dorothé Schubarth no Liceo de Ourense

cartaz final.jpg

 

Mañá mércores teremos en Ourense ás 20 h a Dorothé Schubarth para presentar o seu recente libro no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Como ben sabedes, Dorothé é a musicóloga suiza que xunto co filólogo Antón Santamarina, realizaron un inxente traballo de recolla nos anos 70 e 80 que cristalizou nos sete volumes do Cancioneiro Popular Galego, co apoio da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Recentemente os 248 cds dixitalizados do traballo de campo teñen pasado ao APOI (arquivo do patrimonio Oral), para a súa difusión.

Na última década ten recibido numerosas distincións e recoñecementos, como o Pedrón de Honra 2013, o Andaina Senlleira dos Premios Opinión 2014, Premio de Honra Martín Codax 2017, ou o premio do Día do Orgullo Gaiteiro que en 2009 lle demos en Ourense.

Podedes ver a súa intervención no Día do Orgullo Gaiteiro no canal da Universidade de Vigo aquí  e outras entrevistas na páxina do Consello da Cultura Galega

Nesta ocasión o seu traballo é unha obra de ficción situada en tempos prehistóricos, ambientada no Pequeno Mundo de Bertau. Uns tempos redondos, donde a vida, a morte, a alegría e a traxedia, a fartura e a fame, sucédense como as estacións. Contextualizadas nese tempo sen tempo, abrollan as cántigas, misturando poesías e relatos de feitura mítica, coa que somerxe aos leitores no devir dunha pequena aldea, arquetípica, que tanto pode representar unha poboación antiga de Turquía ou Tracia, como unha comunidade galega de inicios de s. XX.

Na presentación a autora fará unha introdución á obra e aos espazos que representa a historia; Carlos Rafael, Lucía Cedrón e Fernando de Vicente, lerán fragmentos (Mirto e Vincent, A Voda…), mentres eu fago pequenos e diabólicos  intermedios musicais coa frauta.

 

Unha opinión sobre “Mañá mércores, presentación do libro “Os cantos do mar” por Dorothé Schubarth no Liceo de Ourense

  1. Manuel Cuesta Vazquez

    Vaya con Dorothe , que unha muller suiza colabore co Cancioneiro Popular Galego ,aunque sexa con Santamarina, fixeron sete volumenes do cancioneiros e 248 cds dixitalizados, e un traballo de titanes,. aunque vos tedes o voso curriculum, que non queda moi atras.- Pero menos mal que Galiza ou vos conseguistes a concesión de medallas dignas dela.- Seguide loitando pola nosa música, e a ver cando vos recoñecen esa laboura.- apertas .-

    Resposta

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s