TOR na Gala AELG Mestras e Mestres da Memoria. Lugo, 26/05/2018

lugo aelg.jpgTOR   

Alvaro Iglesias: Contrabaixo                                                   Xosé Liz: Bouzouki

Félix Castro: Acordeón diatónico, concertina, Gaita galega

Cástor Castro: Frautas

Estrenamos formación e ímola presentar por vez primeira na gala “Premios Mestras e Mestres da Memoria 2018“, organizada pola sección de Literatura Oral da AELG, este sábado 26 de maio ás 18 h no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, dentro da homenaxe que se fará á mestra Luz Fandiño,  escritora e activista social e cultural, e ao mestre Manuel Pazos de Merexo, recoñecido acordeonista diatónico.

Podedes acceder a información completa do evento pinchando no logo embaixo

BannerCartelGalaMestras-es2018.jpg

Copiaremos aquí as reflexións da AELG sobre a importancia da memoria oral na sociedade e a razón de ser deste acto:

O obxectivo principal da Gala é a entrega dos VI Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se conceden a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos a Luz Fandiño e Manuel Pazos, Pazos de Merexo.

O principal valor dunha sociedade constitúeno as persoas, os tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, e que adaptan e actualizan con xenerosidade para, por fin, transmitir todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.
Nesta cadea de comunicación a cultura popular mantense viva porque se actualiza sen renunciar ás esencias que a distinguen, que a fan ao tempo singular e universal.
Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) queremos contribuír a manter sempre aberta esa canle de comunicación entre os/as que por idade e, como consecuencia, por acumulación de experiencias e saberes, gardan a memoria deses esencias da nosa cultura e os que, pola contra, andan aínda descubrindo o mundo que os rodea.”

 

Unha opinión sobre “TOR na Gala AELG Mestras e Mestres da Memoria. Lugo, 26/05/2018

  1. Manuel Cuesta Vazquez

    Por duas veces intentei enviarvos todo o que tocastes sobre Luz Fandiño e Manuel Pazos e diceme Word que non se pode enviar e descoñecida esa dirección.- xa me diremos como a envio.- Estivemos esperando un rato bastante tempo abaixo supuxemos que teriades moito que recoller, chamou a filla e fumos tomar algo con ela e a neta,. lamentamos no poder falar un pouco, para a proxima vez será,. Marta avisounos que o dia 30 era o aniversario de Emilio, xa lle dicen que lamentaba no estar, estaremos en Tenerife pasando unhos dias , xa que aki non temos col vamos a buscalo aló, xa veremos.- Como pesa moito sale por Word Drive, pero nin asi, xa me diredes.- apertas.- salimos o 30 ver si o mando antes ou despois do seis de juño,. apertas .- Dora e Cuesta

    Resposta

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s