Luar Na Lubre “Ribeira Sacra”. Presentación no Teatro Principal de Ourense, 2 e 3 de xuño

-luar-na-lubre-estrena-en-directo-ribeira-sacra

O mércores 30 de maio sae ao mercado o novo traballo de Luar Na Lubre, “Ribeira Sacra“, ao redor dos espazos, sons e músicas desta contorna tan especial.

Temos que agradecer a Bieito Romero e a Luar Na Lubre que contaran con nós para este proxecto. Coñecémonos dende hai máis de vinteseis anos,  Bieito ten unha gran relación con Ourense xa que as súas orixes estan en Niñodaguia e Esgos; temos tamén amigos comúns de grande estima como Xerardo Milhojas ou Camilo Rodríguez de Ergos.

Propuxéronnos artellar a letra para o Cantar de Romasanta, sobre os crimes do famoso lobishome nado en Esgos, tema no que ademais gravamos frauta e concertina. Tamén escribimos un texto para a presentación do disco, no que quixemos deixar patente o recoñecemento que este gran grupo merece, e transmitir o gran cariño que lles temos.

No seguinte vídeo podedes ver un extracto do DVD incluido no disco e onde Luar Na Lubre explica a xénese e obxectivos deste novo traballo

 

E como non podía ser doutro xeito, a presentación do disco faráse en Ourense, no Teatro Principal, os días 2 e 3 de Xuño, coa participación de colaboradores no disco (Coral De Ruada, Víctor Manuel, SES, Marisa Valle Roso, Nani García….), alí nos vemos!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s