“Ribeira Sacra” de Luar na Lubre

Tiñamos pendente compartir unha pequena crónica sobre a participación nos concertos “Ribeira Sacra” de Luar na Lubre no Teatro Principal de Ourense os pasados días 1, 2 e 3 de xuño pasado.

Bieito Romero e LNL sentímolos amigos e temos relación con eles dende que aló no ano 1991 empezamos a nos mover no mundo da música folk e tradicional. Malia todo non tiñamos colaborado ata este ano 2018 en que nos contactaron para participar neste novo proxecto.

Aceptamos encantados o encargo de facer unha letra para o Cantar de Romasanta. No ano 2007 atoparamos un prego de cordel relatando o caso impreso en lingua castelá en Madrid no 1853, e escrito en décimas (algo inusual para os cantares de cego, que habitualmente seguen o esquema de romance). Pareceunos un exercicio interesante facer o Cantar con este mesmo esquema, a pesares das dificultades que tivo cadrar a historia nesta estrutura.

O resultado, musicado por LNL e cantado formidablemente por Marisa Valle Roso pareceunos espectacular, pois o obxectivo non era nada doado (facer algo tan fermoso cunha historia de traxedias e crimes) e podédelo escoitar en Youtube.

 

Ademais disto pedíronnos escribir un texto de presentación do disco, o que consideramos todo un honor, e nel quixemos transmitir o noso cariño e recoñecemento tanto a Luar na Lubre como á outra gran presencia neste traballo que é a Coral De  Ruada, agrupación centenaria recentemente homenaxeada co premio Trasalba 2018 pola Fundación Otero Pedrayo.

Participamos nos tres concertos realizados en Ourense para a presentación no Teatro Principal e  desfrutamos a experiencia de estar tres días aí ao pé do cañón.

Gustounos moitísimo compartir a experiencia con outros amigos como a Coral de Ruada, Brais Maceiras, Camilo e Xerardo de Ergos (felos de Esgos), e emocionámonos vendo a Lucía e David bailar nas xotas. Tamén ter a oportunidade de coñecer a Ses, Nani García, Víctor Manuel, e como non a todo ese gran equipo de profesionais que fai posible cada noite que LNL despregue no escenario un mundo de beleza e maxia.

Gracias de novo a Bieito Romero, Luar Na Lubre e Maruchy Suárez por contar con nós.

Deixámosvos aquí o enlace os vídeos dalgúns momentos do concerto que compartiu Luar na Lubre no seu facebook.

 

 

Fin de festa co tema “Toca Brais” recollido polo propio LNL na Ribeira Sacra, e coa mor parte dos colaboradores en escea.

 

Un dos temas máis máxicos dos concertos foi “A noite do afiador” interpretado con Víctor Manuel e a Coral De Ruada, con letra do poeta ourensán Augusto Casas Blanco.

 

 

 

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s