“Luar” TVG 2-11-2018, colaboracións musicais e marciais

A verdade é que os últimos meses a nivel de participación en eventos públicos e televisivos teñen sido bastante ocupados, e empezaremos a subir algún vídeo e compartir a experiencia.

A inicios de novembro, nas últimas semanas de preparación do campionato de España de Espada Coreana, aceptamos a invitación de Daniel do Pando e Pablo Carpintero para facer dobrete e saír no mesmo programa de “Luar” da TVG facendo música e organizar xunto co Gran Maestro Lee Dong Kyu e compañeiros de Haidong Gumdo Espada coreana unha pequena exhibición en directo. A complicación intrínseca a este feito xa para a súa preparación foi alta, xa que tiñamos que buscar entre todos oco para ensaiar a exhibición, e tamén polo que a nós se refire para quedar con Álvaro Iglesias e con Daniel do Pando para montar uns temas.

Pero sobre todo, a tensión de ter que tocar en vivo e en directo, e en 10 ou 12 minutos cambiarse correndo nun camerino (iso sí, VIP, pegado ao esceario, gracias á organización por nos axudar nesto 🙂 ) e estar de novo enriba do esceario para amosar diversas ténicas de espada. Dende logo é algo que non temos feito habitualmente.

Lóxicamente é un traballo compartido, dentro da parte musical, o peso recaía en Daniel do Pando, presentando dúas coñecidas pezas do gaiteiro Ramón de Fumaior, unha xota e unha muiñeira, e acompañado por Alvaro Iglesias ao contrabaixo e por nós con frauta e concertina.

Foi unha experiencia bonita, e especialmente facer este tipo de pezas con instrumentos e sonoridades diferentes, e tamén, no que a nós repecta, tentar adaptar os adornos e o sabor da Fonsagrada, á frauta e a concertina.

Aquí podedes ver nos seguintes vídeos a nosa actuación, ou se o preferides o microespazo completo dedicado por Pablo Carpintero á trompa galega.

Xota e muiñeira de Ramón de Fumaior. “Luar” TVG
“A trompa”. Pablo Carpintero, programa “Luar” da TVG

Despois participamos na exhibición de Haidong Gumdo que xa puxemos aquí en entradas anteriores, co Gran Maestro Lee Dong Kyu como fundador da Arte Marcial e promocionando o campionato de España que estábamos a organizar en Ourense. Pola limitación de tempo só amosamos unha pequena parte de kyokgum combate a un paso (técnicas de ataque e contraataque predefinidas) e despois un anaco dun yaksok kyokgum (combate de exhibición) co que quedaramos campións de Europa en París en 2016. O Maestro Manuel Soto Dapena de Carballiño, campión de España en corte de caña en 2017, fixo corte con jingum espada real.

Sempre nos chamou a atención o cambio de actitude que se aprecia na xente cando se atopa ante unha espada de verdade e sinte que hai un perigo real. O Denamu begui, corte de caña, é unha técnica moi depurada, xa que ten que ser un movemento contundente, rápido e preciso, cun agarre sólido, co ángulo da espada correcto (entre 45 e 50 grados) para que saia un corte perfecto (calquer variación ou erro fai que a cana tronce, abanee….). En Haidong Gumdo só se entrena con espada real cando se chega a Primeiro Dan.

Pálpase nos espectadores as reaccións de asombro cando ven o primeiro corte de caña coa espada.

Mesmo durante os ensaios previos, cando estivemos probando son para tocar, acercábanse técnicos, rexidores, para dicirnos “¿Qué? ¿Soa ben, non? ¿Non fai falla probar máis, verdade?“….

Pero mentres o Mestre Manuel Soto probaba uns minutos despois o corte de cana, e cortaba unha… e puña outra, e volvía mirar, para ver a qué distancia situalas, etc. etc. …. Alí non se subíu ninguén no esceario para lle apurar e miraban calados dende unha distancia respetable ! 🙂

Gracias a Daniel do Pando e a Pablo Carpintero e Xosé Ramón Gayoso por nos convidar

Unha opinión sobre ““Luar” TVG 2-11-2018, colaboracións musicais e marciais

  1. Manuel Cuesta Vazquez

    Estiven sin ordenador e ahora que abro vexo voso precioso video na tv con Daniel e con Miguel, gustoume moito co que fixestes, moi orixinal ochelo con Daniel e logo os catro xuntos , encantoume moito. teño que chamar a Daniel para felicitalol , saliu o Tio, que foi o que inició deste chaval. grazas polo envío.- non puden ver o que fixestes na demostración coreana , si a tedes porfa envialo.- para que vaya a caarpeta con todo estes materiales vosos que gardo como ouro en pano.- Fortes apertas.-

    Resposta

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s