Haidong Gumdo na Gala Más Deporte en Telemiño TV e La Región

Continuando coas participacións televisivas, ao pouco de celebrar con éxito de organización e participación o V Campionato de España de Haidong Gumdo no Pabillón dos Remedios de Ourense, o Mestre e amigo Saúl Servia Rivero, de Sam Mu Dojang recibiu unha invitación para realizar unha exhibición de Haidong Gumdo na Gala de Entrega dos premios anuais de Más Deporte-La Región (periódico ourensán), que se retransmitiría en directo polo canal de TV Local de Telemiño, no que se premian deportistas destacados provinciais nas diversas categorías.

Temos que agradecer en primeiro lugar o interese da organización en que o Haidong Gumdo ourensán participara no evento, e tamén que Saúl Servia implicara ao Gran Maestro Lee Dong Kyu para deseñar e participar na exhibición, e aos alumnos e compañeiros/as do Gimnasio Club Lee.

O Haidong Gumdo leva máis de dezaoito anos en Ourense con moitos éxitos destacados a nivel nacional e internacional (campións do Mundo, de Europa, en numerosas convocatorias), pero realmente foi no ano 2018, despois do importante esforzo colectivo que fixemos de organización do Campionato, cando empezamos a sentir un interese crecente polos medios de prensa, radio e televisión nesta Arte Marcial minoritaria.

A Gala tivo lugar o día 19 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense, cheo a rebosar. Ademais da entrega de premios houbo exhibicións de ximnasia artística e deportiva, tamén participou o grupo PISTA CATRO, de circo e malabares, e foi realmente un espectáculo moi ben traballado (Podedes ver a Gala íntegra no outro enlace ao pé desta entrada).

Na exhibición, dirixida polo Gran Maestro Lee Dong Kyu, fixemos unha mostra de distintas disciplinas que se practican no Haidong Gumdo:

-Iniciouse cun sangsu gumbub (táboa de movementos nº. 1 e 2) realizados por Manuel Orbán pai, Luisa Sabucedo, María Guardado, Luis Orbán e Manuel Orbán.

Bonkuk gumbub (táboa de nivel superior que se entrena a partir de Tercer Dan), por Conchi Nóvoa

-A continuación Saúl Servia exhibiu a súa precisión en corte de mazás con jingum (espada real)

Yaksok kyokgum (combate de exhibición) por Félix e Cástor Castro.

-Sangsu gumbub nº. 7 (nivel intermedio),a cargo de Samuel Lee e Rosa Hermida

Chong i begui,corte de papel a cargo de Saúl Servia Rivero

Denamu begui, corte de caña, por Cástor Castro

Foi realmente un gran colofón a tantos meses de traballo para dar o mellor de cada un no campionato, ver a todos os compañeiros/as animados nesta exhibición e poder lucir o esforzo ante moitos outros practicantes e aficionados de outras disciplinas deportivas .

O diario La Región, publicou un suplemento especial con numerosas fotografías das entregas e momentos especiais da Gala, no que incluiu moitas e bonitas imaxes da exhibición de Haidong Gumdo.

Gala Más Deporte 2018 completa

Unha opinión sobre “Haidong Gumdo na Gala Más Deporte en Telemiño TV e La Región

  1. Pingback: Fotografías Haidong Gumdo na Gala Más Deporte-La Región | Arquivo Castro Vicente. Cástor e Félix Castro

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s