ESCUA Veránearte 2019

Un verán máis, ESCUA, Espazo Cultural Alternativo, agrupación de asociacións e entidades culturais de Ourense, www.escua.org

Insistimos, resistimos, mollámonos.

O verán ven quente de ideas e sentimentos en Ourense. Porque un ano máis as rúas e prazas están cheas: de obradoiros, performance, música, activismo, cinema, roteiros, radio, cociña, dereitos civís, contadas, memoria, ganchillo, … Actividades para pequechas e maiores na programación alternativa e autoxestionada de ducias de colectivos que toman parte en EsCuA. Dende unha perspectiva colaborativa, horizontal e descentralizada. Apostamos por unha programación de balde, feminista, ecoloxista e en galego aberta a toda a veciñanza de Ourense.

Anota ben todas as datas e non perdas unha este verán! 

PROGRAMA 2019


Festa de presentación
dom30/13h/pr. da Ferrería 

XULLO

Maripicnic mart2/19h30/Ponte Vella
Assembleia Orgulho Ourense 
Concerto na praza: Las Cruzes mart2/21h30/pr. San Marcial
O Espertello 
Radio veránEarte xov4/19h/escaleiras do Arqueolóxico
Radio Liverdade
Faladoiro: Marielle Franco xov4/20h30/A Galleira
Assembleia Orgulho Ourense 
Xogos Cuir sab6/18h/Zona Histórica 
Assembleia Orgulho Ourense 
Piquenique Laneiro luns8/11h/Parque Barbaña
Asdooito
Paseo das Letras mart9/20h/pr. da Ferrería
Guerrilla Poética
Concerto na praza: Los Camachuelos mart9/21h30/pr. San Marcial
O Espertello 
Cinema: Elisa e Marcela xov11/20h30/A Galleira
Assembleia Orgulho Ourense
Roteiro: Lusco e Fusco na Fraga luns15/22h/Palmés
Amigas das árbores · Ourense
Concerto na praza: Mounqup mart16/21h30/pr. San Marcial
O Espertello 
Cociña: Chocobanano mérc17/18h30/Tenda Comercio Xusto
Comercio Xusto SIG Ourense 
Olímpalas xov18/20h30/r. Bailén
Marcha Mundial Mulleres Galiza
Mural: dereito universal a Educación venr19/19h30/Tenda Comercio Xusto
Amnistía Internacional Galicia
Doc: Memoria de Pedra luns22/21h/O Espazo Coworking
A Bela Auria
Roteiro das Herbas mart23/20h/Horta da Terra
Amigos da Terra
Concerto na praza: The Tetas’ Van mart23/21h30/pr. San Marcial
O Espertello 
Masa Crítica mérc24/19h30/Parque San Lázaro
Masa Crítica Ourense
E/M/E/R/X/E xov25/19h/escaleiras do Arqueolóxico
ACL
Concerto na praza: Candeleros mart30/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Balconada #VIHSIBLES mérc31/21h/pr. San Marcial
Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense

AGOSTO

Obradoiro: SerigrafiOU xov1/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Clásicos por barrios: Bo, que noite! luns5/21h30h/A Ponte
Cineclube Padre Feijoo
Detectives na rúa mart6/19h/pr. San Marcial
Colectivo Re-creo
Concerto na praza: TanDub mart6/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Trivial Feminista merc7/22h/pr. Pena Vixía
Marcha Mundial Mulleres Galiza
Obradoiro: SerigrafiOU xov8/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Cinema: Tódalas mulleres que coñezo xov8/22h/pr. Pena Vixía
Asdooito
Cinema na praza: The king of summer luns12/21h30/pr. San Marcial
Cineclube Padre Feijoo
Concerto na praza: O Puto Coro do Exército Froilanista mart13/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Cata: Isto son tomates! mérc14/20h/pr. San Cosme
Fóra do Linde
Obradoiro: SerigrafiOU xov15/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Cinema na praza: Life Of Brian luns19/21h30/pr. San Marcial
Cineclube Padre Feijoo
Concerto na praza: Aldaolado mart20/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Cociña: Tartaleta Xusta mérc21/18h30/Tenda Comercio Xusto
Comercio Xusto SIG Ourense 
Obradoiro: SerigrafiOU xov22/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Circo: Fóra do normal xove22/20h30/Mirador San Francisco
Grecicleta
Contacontos: Irene polo Mundo luns26/19h/Tenda Comercio Xusto
Comercio Xusto SIG Ourense 
Cinema na praza: Barbara luns26/21h30/pr. San Marcial
Cineclube Padre Feijoo
Saber e Safar! mart27/20h/pr. San Cosme
Ceivar Opar
Concerto na praza: Fora Ostias mart27/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
De Rue, festival urbano mérc28/19h30/pr. Pena Vixía

Obradoiro: SerigrafiOU xov29/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Masa Crítica xov29/19h30/Parque San Lázaro
Masa Crítica Ourense
FIB X xov29/20h/pr. San Marcial 
AC Óscar Allos

Querémos-te na casa, Miguel

Recentemente os movimentos sociais de Ourense vivimos outro episódio de repressom, esta vez nom se trata de multas nem de confrontos mediáticos, esta vez temos a um dos nossos na cadeia.

O Miguel está desde o domingo 16 de Junho em Soto del Real, separado da sua família, das suas vizinhas, das suas amizades e do seu povo.

É um preso independentista galego detido por orde da “Audiencia Nacional” e em prisom preventiva sem fiança junto a outros três independentistas, acusados polos médios de intoxicaçom servís ao regime como umha pessoa perigosa colaboradora de banda armada sem a mínima presunçom de inocência.

Miguel é um dos bos e generosos, um dos que aporta, dos que une, dos que suma, um dos que estaria participando e organizando atividades para o veranearte. Dos que nom se calam perante as injustiças, dos que procuram um mundo melhor.

Nestes tempos de recortes de liberdades e auge dos fascismos, desde EsCuA e o Veranearte queremos amosar o nosso apoio e solidarizar-nos co Miguel. Juntas somos imparaveis, queremos-te na casa!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s